Acorus calamus, o ácoro,[1] é unha das dúas especies do xénero Acorus da familia das acoráceas; é coñecido vulgarmente como "cálamo aromático”. Orixinario da India,[2] atópase amplamente distribuído pola zona temperada do hemisferio norte, e incluso se está a aclimatar en zonas pantanosas de América do sur. Tamén é coñecido como cálamo aromático.[3]

Vista da planta no seu hábitat

Máis información Cálamo aromático, Clasificación científica ...
Cálamo aromático

Acorus calamus
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Arecidae
Orde: Acorales
Familia: Acoraceae
Xénero: Acorus
Especie: ''Acorus calamus''
Pechar

Descrición

Aseméllase aos xuncos e posúe follas longas lineares de bordos afiados, moi apuntadas, duns 25 mm de anchura. As flores, pequenas e de cor verde amarelada, preséntanse en forma de espiral sobre un espádice espido, envolto cunha espata que sobresae por encima. O talo prolóngase baixo terra en forma de rizomas de longas raíces adventicias, carnosas e fortemente aromáticas.

É unha planta alta, perennifolia con follas aromáticas e raíces rizomatosas. As follas, de arredor dun centímetro de largo, alcanzan os 10 de longo, e son lanceoladas e de bordos serrados ou ondulados. A vea central da folla, prominente e facilmente distinguible das apenas relevantes veas secundarias, permite distinguila facilmente de A. americanus. As flores alcanzan os 4 mm, e son estériles, reproducíndose rizomaticamente; o ovario é vestixial.

Distribución e hábitat

Crece nas rexións boreais de todo o globo, aínda que é nativa de Europa. Prefire as terras húmidas e as costas de augas lentas ou estancadas. O seu talo semileñoso utilizouse na Antigüidade clásica para fabricar cálamos para a escritura.

Usos

Co Acorus calamus tense comerciado en moitas culturas durante séculos. Empregouse medicinalemente contra unha ampla variedade de doenzas, como enfermidades gastrointestinais e tratamento da dor e tamén o aroma do seu aceite esencial valorouse na industria do perfume.[4] A esencia do rizoma emprégase como saborizante para alimentos, bebidas alcólicas e amargas en Europa[5] e a raíz do cálamo, confitada, úsase en Europa en repostaría.[6] Dela tamén se extrae unha droga estimulante e carminativa, chamada cálamo.

Thumb
Vista da planta
Thumb
Ilustración
Thumb
Detalle

Usos na herboristaría

O seu uso ten unha longa tradición de uso medicinal na China, Nepal e na herboristaría na India.[4][7] As follas, talos e raíces empréganse en varias medicinas Siddha e na medicina tradicional da India[8][9] e tamén en Sikkim.[10] Tamén é unha das menciñas tradicionais máis usadas entre a tribo norteamericana dos Chipewas.[11]

A maceración da raíz do cálamo aromático emprégase como tonificante nos casos de debilidade xeral do aparello dixestivo, gases do estómago e dos intestinos, e tamén como un remedio para combater as enfermidades das glándulas así como a gota. Esta tisana contribúe quentando o estómago e os intestinos lentos e fomenta a secreción de mucosa. Recoméndase contra o metabolismo lento, as dixestións lentas, o mesmo que contra a clorose e a hidropisía.[12]

Propiedades

Utilizouse pola súa fragrancia e como droga psicotrópica. A súa raíz empregábase como anestésico e estimulante contra a fatiga pola asarona que contén; en doses maiores, produce efectos alucinóxenos. Walt Whitman empregou esta ou, tamén, a raíz do estreitamente emparentado Acorus americanus. Figuraba nas pocións psicotrópicas preparadas polas meigas europeas durante a Idade Media.

Principios activos

Contén escasos taninos, aceite esencial (1,5-3,5%), rico en asarona e compostos sesquiterpénicos, entre os que destaca a acalamona. Nas follas hai trazas de alcaloides. Outras fontes: Acorina, tanino, colina, esencia con asarona, eugenol, pineno. Ácido cetílico e ácido palmítico, vitamina B1. A esencia faise viscosa chegando a densidade do 0,36%; o rendemento está entre 1 e 4%.

Indicacións

Utilízase como aperitivo, eupéptico, polos seus principios amargos; carminativo, diurético, sedante, sudorífico, hipotensor, espasmolítico, anticonvulsivante, antirreumático tópico, polo aceite esencial. Indicado para inapetencia, dispepsias hiposecretoras, gastrites, espasmos gastroduodenais, meteorismo. Ansiedade. Estados nos que se requira un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, oliguria, urolitiase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, sobrepeso acompañado de retención de líquidos. A mastigación da raíz combate a halitose e reafirma as enxivas sanguentas.

O aceite esencial non debe ser empregado durante o embarazo, a lactación, nin en nenos menores de dous anos, é tóxico sobre o sistema nervioso central. Tamén se considera carcinoxénico. Recoméndanse tratamentos descontinuos.[13]

Taxonomía

Acorus calamus foi descrita por Carlos Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 324. 1753.[14]

Etimoloxía

Acorus: nome xenérico latino que deriva do grego antigo άχόρου (áchórou) de Dioscórides (con diferentes versións do texto que teñen diferentes grafías). A palabra άχόρου en si crese que derivou da palabra κόρη (kori), que significa pupila (do ollo), debido a que o líquido da raíz da planta se empregaba como remedio en enfermidades oculares.

calamus: epíteto latino (que significa "cana") que deriva do grego ΚΆΛΑΜΟΣ (kálamos, que significa "cana"), que é afín ao termo do latín culmus (que significa "axexar") e que se derivan do proto-indoeuropeo kole-mó- (crese que significa "herba" ou "cana"). A palabra árabe قلم (qalam, que significa "pluma") e o sánscrito कलम (kalama, que significa "cana utilizada como unha pluma", e unha especie de arroz) crese que foron tomadas do grego.

Variedades
  • Acorus calamus var. americanus Raf. (1828).
  • Acorus calamus var. angustatus Besser (1834).
  • Acorus calamus var. calamus.
Sinonimia
  • var. angustatus
    • Acorus angustatus Raf.
    • Acorus calamus var. angusta Bess.
    • Acorus triqueter Turcz. ex Schott
  • var. calamus
    • Acorus angustifolius Schott
    • Acorus aromaticus Gilib.
    • Acorus asiaticus Nakai
    • Acorus calamus var. vulgaris L.
    • Acorus calamus-aromaticus Clairv.
    • Acorus casia Bertol.
    • Acorus cochinchinensis (Lour.) Schott
    • Acorus commersonii Schott
    • Acorus commutatus Schott
    • Acorus elatus Salisbury
    • Acorus europaeus Dumort.
    • Acorus flexuosus Raf.
    • Acorus floridanus Raf.
    • Acorus griffithii Schott
    • Acorus nilaghirensis Schott
    • Acorus odoratus Lam. nom. illeg.
    • Acorus spurius Schott
    • Acorus terrestris Spreng.
    • Acorus undulatus Stokes
    • Acorus vulgaris (L.) Simonk.
    • Calamus aromaticus Gueldenst.
    • Orontium cochinchinense Lour.
  • var. vernus
    • Acorus verus (L.) Garsault
    • Acorus verus (L.) Houtt. nom. illeg.
    • Acorus verus (L.) Raf.[15]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.