Xeneral romano, morto no 454 From Wikipedia, the free encyclopedia
Flavio Aecio, (en latín, Aetius) nado en Durostorum, Mesia, no 396 e finado en Rávena o 21 de setembro do 454, foi un xeneral romano.
Nome orixinal | (la) Flavius Aetius (la) Flavius Aëtius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 390 Silistra |
Morte | 21 de setembro de 454 (Gregoriano) (54/64 anos) Rávena |
Causa da morte | homicidio |
Cónsul romano | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Romano de Occidente Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano e Antigüidade tardía |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Romano de Occidente |
Rama militar | Exército romano tardío |
Rango militar | Magister militum |
Conflito | Batalha de Ravena (pt) e Batalla dos Campos Cataláunicos |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido Pelagia |
Fillos | Carpilio (en) () Aetia (en) () valor descoñecido Gaudentius (en) () Pelagia (en) |
Pai | Flavio Gaudencio |
Orixinario da provincia de Moesia, era fillo do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.
Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.
Para a súa desgraza, esta gran vitoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454.[1][2] Posteriormente, a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.