Aeroporto de Innsbruck
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Innsbruck (IATA: INN, OACI: LOWI), tamén coñecido como aeroporto de Kranebitten, é o aeroporto internacional máis grande do estado de Tirol, no oeste de Austria. Está situado a uns 4 quilómetros do centro de Innsbruck. O aeroporto, inaugurado no ano 1925,[1] opera voos rexionais ao redor dos Alpes, ademais de tráfico internacional estacional a outros destinos europeos. Durante o inverno a actividade increméntase significativamente debido ao alto número de esquiadores que viaxan á rexión. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 006 738 pasaxeiros, un 0,55% máis que no ano anterior.[2]
Datos rápidos Flughafen Innsbruck, IATA: INN – ICAO: LOWI ...
Aeroporto de Innsbruck Flughafen Innsbruck | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | Tiroler Flughafenbetriebs GmbH | ||
Cidade/Illa | Innsbruck | ||
Elevación (msnm) | 581 metros / 1 906 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.innsbruck-airport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 2 000 | 6 562 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 1 006 738 | ||
Pechar