Austria
país europeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Austria ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Österreich,
[ˈøːstɐˌʁaɪç] (axuda · info)), oficialmente República de Austria (
pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Republik Österreich,
[Republik Österreich] (axuda · info))), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros.[2] A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República.[3][4] A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.
República de Austria | |||
---|---|---|---|
Republik Österreich | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Capital • Poboación | Viena 1 712 903 (2010) | ||
Cidade máis poboada | Viena | ||
Linguas oficiais | Alemán1 | ||
Forma de goberno | República federal | ||
Alexander Van der Bellen Karl Nehammer | |||
Independencia das Forzas Aliadas | 27 de xullo de 1955 | ||
Superficie | Posto 115º | ||
• Total | 83 883 km² | ||
• % auga | 1,7 | ||
Fronteiras | 2 558 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 98º | ||
• Total (2021 est.[1]) | 8 935 112 hab. | ||
• Densidade | 106 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 27º | ||
• Total (2019) | 446 315 millóns US$ | ||
• per cápita | 50 277 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 35º | ||
• Total (2018) | 461 432 millóns US$ | ||
• per cápita | 51 936 US$ | ||
Moeda | Euro2 (€, EUR ) | ||
IDH (2019) | 0,922 (18º) – Moi alto | ||
Xentilicio | Austríaco, austríaca | ||
Fuso horario | CET (UTC+1) | ||
• Horario de verán | CEST (UTC+2) | ||
Dominio de Internet | .at | ||
Prefixo telefónico | +43 | ||
Prefixo radiofónico | OEA-OEZ | ||
Código ISO | 040 / AUT / AT | ||
As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nunha área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas.[5][6] En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.
O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da primeira guerra mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi.[7] Esta situación durou até a fin da segunda guerra mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.
Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade maior do país, con 1,93 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE.[8] Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995,[9] adoptando como moeda o euro en 1999.