Afonso II de Oviedo, o Casto, nado cara o ano 762 e finado en Oviedo no 842, foi rei de toda a Galicia altomedieval entre os anos 791 e 842.[lower-alpha 1] Fillo do rei Froila I, educouse no mosteiro de Samos, e foi durante o seu reinado cando se produciu en Compostela a descuberta do sartego do apóstolo Santiago. No tempo do seu longo reinado o caudillismo que exerceran Paio ou Afonso I acadou un verdadeiro nivel de monarquía organizada.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaAfonso II de Oviedo
Thumb
Miniatura de Afonso II no Tombo A da catedral de Santiago de Compostela.
Biografía
Nacemento759 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Oviedo Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 842 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Oviedo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
791 – 842
 Vermudo I o DiáconoRamiro I de Oviedo  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Asturias Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRei de Asturias Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor
PaisFroila I Editar o valor en Wikidata  e Munia de Áraba Editar o valor en Wikidata

BNE: XX826010 WikiTree: De_Galicia-6
Pechar

Traxectoria

Thumb
Afonso II no libro dos testamentos da Catedral de Oviedo.

Fillo do rei Froila I (así se asegura na crónica de Afonso III),[10] o seu pai foi asasinado no ano 768, sendo el aínda neno. Para salvarlle a vida, seus partidarios agochárono no mosteiro de Samos.[11] Alí foi educado, gañando, posibelmente, a moral cristiá que o levou a non contraer nunca matrimonio, e que lle valeu o alcume de "rei casto".[12] Catro nobres usurparon sucesivamente o trono (Aurelio, Silo, Mauregato e Vermudo I) até que tivo acceso a el no 14 de setembro de 791,[13] cando o rei Vermudo "o diácono" abdicou e ingresou nun mosteiro.[14]

Unha das súas primeiras decisións foi instalar a sede regia nunha humilde vila asturiana onde seu pai posuía terras: Oviedo.[15] Este antigo asentamento romano (ovetao), achábase aínda próximo a vía que unía as sedes relixiosas de Astorga e Lugo co porto de Gigia (Xixón), e non contaba, a diferenza das antigas capitais da Gallaecia, con ningún poder nobiliario ou episcopal que limitase o seu señorío.[12] O establecemento alí da capital do reino galego motivou, máis adiante, a construción dunha catedral palatina e a consecuente retirada de territorios ás históricas dioceses de Britonia e Lugo para dotar o novo bispado.[16][17]

As mudanzas no campo cristián foron aproveitadas polo emir cordobés Hisham I. Os seus exércitos atacaron Asturias en 794, destruíndo parcialmente Oviedo. As incursións musulmás, que se repetiron no verán dos dous anos seguintes, motivaron que o rei Afonso procurase de auxilio alén dos Pireneos. Nos anos 795 e 796 foron enviadas embaixadas ao imperio carolinxio, que rivalizaba coa dinastía Omeia polo dominio da Península Ibérica.[18] E, xa no 797, os cristiáns pasaron á ofensiva, un exército galego atacou e saqueou Lisboa, nun rotundo éxito militar. Unha parte do botín obtido foi enviado ao propio emperador Carlomagno.

Inventio apostólica

Thumb
Descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago polo bispo Teodomiro de Iria.

O auxilio franco fíxose patente tamén no eido político-relixioso. No tempo do rei Afonso, a cristiandade achábase sacudida polo apoio de Elipando, arcebispo de Toledo, á herexía adopcionista. Dita doutrina, conciliadora co islam, foi condenada nos Concilios de Ratisbona e Frankfurt coa presenza do clero galego,[19] e impulsou a separación do clero galego da histórica sé toledana.

Foi daquela cando, arredor do ano 812, se produciu a oportuna descuberta na diocese de Iria do sepulcro do Apóstolo Santiago. O achado xustificou o nacemento da nova igrexa, apoiada polo papado e o imperio carolinxio, separada da histórica sé hispano-visigoda de Toledo.[20]

A inventio apostólica funcionou ademais como un factor de cohesión interna para a nacente monarquía, cuxos monarcas aínda debería loitar moitos anos para impoñer a súa autoridade sobre o resto do estamento nobiliario. O propio rei Afonso foi apartado do trono no ano 802 por un grupo de nobres rebeldes, tendo que recollerse por un tempo no mosteiro asturiano de Abelania.[12]

Arredor da tumba apostólica, nun mausoleo da época romana, a "arca marmorica", Afonso II ordenou construír un pequeno templo relixioso que chegaría a ser a Catedral de Compostela, o maior edificio da cristiandade no seu tempo,[21] e destino de millóns de peregrinos.[12]

Derradeiros anos

Os conflitos fronteirizos volveron a coller un novo pulo coa chegada ao goberno en Córdoba de Abderramán II. No ano 825, dous exércitos musulmáns foron vencidos, un nun lugar chamado Naharon e outro no río Anceo. No ano seguinte comezou unha tregua pactada que durou os últimos doce anos do reinado de Afonso. O seu goberno supuxo a consolidación política do reino galego fronte a Hispania musulmá. As crónicas sinalan a súa morte no ano 842. Sen cónxuxe nin fillos, á súa morte ocupou o trono de xeito efémero o nobre palatino Nepociano, que foi axiña deposto por Ramiro I.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.