Albertosaurus

xénero de dinosauro From Wikipedia, the free encyclopedia

Albertosaurus
Remove ads

Albertosaurus (que quere dicir "lagarto de Alberta") é un xénero de dinosauro terápodo que viviu en Norte América occidental durante o período Cretáceo tardío, hai 70 millóns de anos. A especie tipo, A. sarcophagus, estaba aparentemente restrinxida ó que hoxe se coñece como a provincia canadense de Alberta, razón pola cal leva o seu nome. Os científicos non concordan co contido do xénero, recoñecendo algúns deles o Gorgosaurus libratus como unha segunda especie.

Datos rápidos Características, Dimensións ...

Como membro da familia Tyrannosauroidea, Albertosaurus era un depredador bípede con dúas pequenas mans e unha testa masiva con ducias de dentes longos e afiados. É posible que estivese no máis alto da súa cadea trófica no seu ecosistema. Mentres que o Albertosaurus era grande para ser un terápodo, era moito máis pequeno que o famoso Tyrannosaurus rex, medindo entre nove e dez metros de longo e pesando algo menos de 2 toneladas.

Dende a primeira descuberta en 1884, recuperáronse máis de 30 exemplares fósiles, o cal achegou ós científicos un coñecemento máis polo miúdo da anatomía do Albertosaurus en comparanza con outros tiranosáuridos. O descubrimento de 26 individuos nun único lugar achega evidencias dun comportamento de caza en manda e permitiu estudos de ontoxenia e poboación biolóxica, os cales son imposibles en dinosauros menos coñecidos.

Remove ads

Descrición

Albertosaurus era máis cativo ca outros tiranosáuridos, como o Tarbosaurus ou o Tyrannosaurus. Polo xeral, os adultos de Albertosaurus roldaban os 9 metros de longo,[1][2] mentres que individuos de máis idade podían chegar a medir até 10 metros de longo.[3] Varias estimacións de masa independentes, obtidas a través de diferentes métodos, suxiren que un Albertosaurus adulto podía pesar entre 1,3 toneladas[4] e 1,7 toneladas.[5]

Albertosaurus compartía unha aparencia de corpo semellante a tódolos demais tiranosáuridos. Como terápodo, Albertosaurus era bípede e equilibrada a súa pesada testa e o seu torso cunha longa cola. Porén, as extremidades anteriores dos tiranosáuridos eran extremadamente pequenas en relación ó tamaño do seu corpo e só tiñan dous díxitos. As súas extremidades posteriores eran longas e remataban en pés con catro dedas, das cales o primeiro díxito, chamado hallux, era curto e non chegaba a tocar o chan. O terceiro díxito era o máis longo de todos.[2] Albertosaurus podía alcanzar velocidades de 14−21 km/hour.[6] É posible que os individuos máis novos puidesen alcanzar maiores velocidades.[7]

Coñécense dúas impresións da pel de Albertosaurus, ámbalas dúas amosando escamas.[8] Unha das mostras foi descuberta con algunhas costelas gástricos e a impresión dun óso longo e descoñecido, o que indica que a mostra é do ventre. As escamas son pequenas e medran gradualmente tomando unha forma hexagonal. Tamén se conservan dúas escamas de características máis grandes, colocadas a unha distancia de 4,5 cm.[8] Outra impresión de pel procede dunha parte descoñecida do corpo. As escamas son pequenas, con forma de diamante e dispostas en fila.[8]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads