Aleksandr Stepanovich Popov
físico ruso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aleksandr Stepanovich Popov (en ruso: Алекса́ндр Степа́нович Попо́в), nado en Turyinskiye Rudniki o 4 de marzo de 1859 e finado en San Petersburgo o 13 de xaneiro de 1906 (31 de decembro de 1905 no calendario xuliano), foi un físico ruso, unha das primeira persoas que inventou un aparato receptor de radio.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1859 (Xuliano) Krasnoturyinsk (pt) |
Morte | 31 de decembro de 1905 (Xuliano) (46 anos) San Petersburgo |
Causa da morte | Morte natural (Hemorraxia cerebral ) |
Lugar de sepultura | Literatorskie mostki |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Rusia |
Educación | Perm Theological Seminary (en) Faculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico , enxeñeiro , inventor , pedagogo |
Empregador | Saint Petersburg State Electrotechnical University (en) |
Interesado en | Física e enxeñaría eléctrica |
Lingua | Lingua rusa |
Premios | |
O traballo de Popov como profesor da escola naval de Rusia levouno a explorar o fenómeno da alta frecuencia eléctrica. O 7 de maio de 1895 presentou un artigo sobre un detector de raios sen fíos que construíra empregando un cohesor para detectar ruído de radio dos raios. Ese día celébrase en Rusia o Día da Radio. Nunha demostración o 24 de marzo de 1896 transmitiu sinais de radio a 250 metros entre edificios do campus de San Petersburgo. O seu traballo estaba baseado no doutro físico, Oliver Lodge, e foi contemporáneo co de Guglielmo Marconi.