Aleksandr Vasilevich Suvorov (en ruso:Александр Васильевич Суворов), nado en Moscova o 24 de novembro de 1729[1] e finado en San Petersburgo o 18 de maio de 1800, foi un nobre e militar ruso; obstentaba os títulos de conde de Rimnik, príncipe de Italia e conde do Sacro Imperio Romano e xeneralísimo do Imperio Ruso. Considerado un heroe nacional en Rusia, nunca perdeu unha batalla a pesar de loitar habitualmente en inferioridade numérica, gañando máis de 60 batallas.[2]