From Wikipedia, the free encyclopedia
O aligátor[1] do Mississippi[2] (Alligator mississippiensis) é unha especie de réptil crocodilio que se encontra exclusivamente na rexión sueste dos Estados Unidos, xunto aos regatos e pantanos.
Aligátor do Mississippi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aligátor americano no zoo de Columbus | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de distribución da especie |
É a maior especie do xénero Alligator, e de feito é un dos crocodilios máis grandes de América, alcanzando un máximo de 6 metros de longo,[3] aínda que debido á desaparición de grandes animais da zona por causas antrópicas, hoxe en día, os machos oscilan entre 4 e 4,5 m e as femias chegan aos 3 m.[4][5] O seu peso oscila entre os 70 kg das femias e os máis de 450 kg dos machos.[6]
Este crocodilio americano foi clasificado por primeira vez polo zoólogo francés François Marie Daudin como Crocodilus mississipiensis en 1801. En 1807 Georges Cuvier creou o xénero Alligator;[7] que comparte co Alligator sinensis. Ambos agrúpanse na familia Alligatoridae, xunto cos caimáns. A superfamilia Alligatoroidea inclúe tódolos crocodilos (fósiles e existentes) que están máis estreitamente relacionados co crocodilo americano que co crocodilo do Nilo ou co gavial.[8][Cómpre clarificar]
Os membros desta superfamilia xurdiron por primeira vez no Cretáceo tardío. O Leidyosuchus de Alberta é o xénero máis antigo coñecido. O crocodilo americano moderno está representado no rexistro fósil do Plistoceno.
Distribúese polos ríos, pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos, desde Carolina do Norte ata o sur de Texas, lindando coa fronteira mexicana chegando ata o estado de Tamaulipas. A persecución humana de que foi obxecto noutro tempo fíxoo desaparecer de moitas zonas, e neste momento só abunda realmente no estado de Florida e en menor medida na desembocadura do río Mississippi. É unha especie protexida nos Estados Unidos, e moitos dos parques nacionais de Florida creáronse no seu momento co fin de preservar as súas zonas de caza e cría.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.