From Wikipedia, the free encyclopedia
O 5 de setembro de 2010, a organización terrorista vasca anunciou, nun comunicado á canle de televisión británica BBC,[1] a través dun vídeo, "un cesamento de accións armadas ofensivas", que foi entendido como un alto o fogo,[2][3] sen especificar o seu alcance, nin mencionar o acordo alcanzado por Eusko Alkartasuna e a esquerda abertzale, ilegalizada dous días antes para que ETA puxese fin á violencia definitivamente e entregase as armas,[3][4] ou as peticións por parte de diversos mediadores internacionais en marzo de 2010 por un alto o fogo.[5][6] O 18 de setembro, e a través do diario Gara, ETA emitiu un novo comunicado no que pedía aos mediadores internacionais da chamada Declaración de Bruxelas a súa participación no proceso, ao tempo que instaba a Francia e España a negociar. Unha semana despois declaraba que sería posíbel un alto o fogo "permanente e verificábel" de cumprirse as condicións que sinalara.[7][8]
Catro meses despois da primeira declaración, ETA anunciou o 10 de xaneiro de 2011 a súa decisión de declarar "un alto o fogo permanente, xeral e verificábel" [9][10] nun novo comunicado que foi acollido con escepticismo polo goberno español e a maioría das forzas políticas,[11] e en marzo dese mesmo ano mostrouse disposta a unha "verificación informal" do alto o fogo.[12] O 20 de outubro de 2011, tres días despois da celebración da Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián,[13] na que se lle pedía unha declaración neses termos,[14]
ETA anunciou "o cesamento definitivo da actividade armada" nun comunicado no que tamén fixo "un chamamento aos gobernos de España e Francia para abrir un proceso de diálogo directo" destinado a solucionar "as consecuencias do conflito".[15]
Á altura do alto o fogo de setembro de 2010, ETA tiña acumulados un total de 829 asasinatos e 84 secuestros.[16] O último atentado mortal en España fora trece meses antes, o 30 de xullo de 2009 en Mallorca, co asasinato de dous gardias civís. O último asasinato, porén, tivera lugar o 16 de marzo de 2010 en Francia, coa morte dun policía francés nun tiroteo entre as forzas de seguridade e os etarras.[17]
Tanto o Goberno de España, como o Goberno Vasco, e os grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados, manifestaron o seu escepticismo e decepción polo anuncio de ETA, ao consideralo insuficiente. Todos eles reflectiron que o que se esperaba de ETA era que abandoase as armas dunha vez e para sempre.[18][19][20] Porén, por parte da ilegalizada Batasuna, defendeuse a posición de ETA como unha oportunidade de alto valor para superar o chamado "conflito vasco".[21]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.