From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Alcalá Galiano, nado en 1789 e finado en 1865, foi un político, orador e escritor español.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Alcalá Galiano y Fernández de Villavicencio 22 de xullo de 1789 Cádiz, España |
Morte | 11 de abril de 1865 (75 anos) Madrid, España |
Causa da morte | ictus |
Ministro de Fomento de España | |
16 de setembro de 1864 – 11 de abril de 1865 ← Augusto Ulloa Castañón – Manuel Orovio → | |
Ministro de Mariña de España | |
15 de maio de 1836 – 14 de agosto de 1836 ← José María Chacón Sarraoa (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
20 de febreiro de 1820 – 1 de xaneiro de 1845 | |
Embaixador | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , romanista , profesor universitario , político , militar |
Empregador | Universidade de Londres |
Partido político | Partido Moderado |
Membro de | |
Movemento | Romanticismo |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Dionisio Alcalá Galiano (en) , Emilio Alcalá Galiano (pt) |
Pais | Dionisio Alcalá Galiano (en) e Consolación Villavicencio (en) |
Deputado a Cortes durante o Trienio liberal de 1820-1823, presidiu a sesión na que se declarou a incapacidade de Fernando VII. Emigrado e Inglaterra, regresou a España en 1834. En 1837 afiliouse ao partido moderado, e foi ministro de Mariña nun goberno presidido por Istúriz e de Fomento noutro presidido por Narváez.
Deixou dúas obras autobiográficas de valor histórico e literario: Recuerdos de un anciano (1878) e Memorias (1886). O seu prólogo a El moro expósito, do duque de Rivas, está considerado como o primeiro manifesto do romanticismo español. Influído polo pensamento político inglés, tendeu cara a unha política pragmatista e unha ideoloxía de tipo liberal.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Alcalá Galiano |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.