From Wikipedia, the free encyclopedia
O Antonov An-32 (designación OTAN: Cline) é un avión bimotor turbohélice utilizado como transporte militar. O An-32 ten excelentes características de engalaxe en condicións quentes e altas, e é axeitado para ser utilizado como transporte táctico medio e tamén para roles comerciais.
Antonov An-32 | |
---|---|
Tipo | transporte militar |
Fabricante | Aviant |
Deseñado por | Antonov |
Primeiro voo | 9 de xullo de 1976 |
Estado | operativo |
Produción | 1982 - presente |
Unidades construídas | 373 |
Variantes | Antonov/Taqnia An-132 |
O An-32 é esencialmente un An-26 remotorizado. Está deseñado para resistir mellor que o seu antecesor as condicións meteorolóxicas adversas. O An-32 anunciouse no Paris Air Show en maio de 1977, e distinguíase do An-26 por ter os motores elevados 1,5 m sobre a á co obxectivo de evitar danos producidos por obxectos estraños en pistas non preparadas.
O tipo conta con ás altas con slats no bordo de ataque automáticos, grandes flaps de tres rañuras, unha deriva agrandada, e un considerable aumento en potencia, conseguindo un mellor rendemento nas engalaxes e un maior teito de servizo. A situación alta dos motores sobre as ás perme hélices de maior diámetro, impulsadas por motores turbohélice Ivchenko AI-20 de 5 100 cabalos, case odobre de potencia que os motores AI-24 do Antonov An-26.[1][2]
A produción na fábrica de avións do goberno en Kyiv incluíu 123 aparellos para a Forza Aérea da India, que mercou o modelo debido ás fortes relacións entre o entón líder da URSS, Leonid Brezhnev, e a líder da India, Indira Gandhi.[1][2] A meirande parte da produción foi para as forzas aéreas de Rusia e Ucraína, sendo fabricados uns 40 avións por ano entre finais dos 80 e principios dos 90.[1] O prezo estimado dun An-32 modernizado e duns 15 millóns de dólares.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.