Apolonio Díscolo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apolonio Díscolo
Remove ads

Apolonio Díscolo (gr. Ἀπολλώνιος ὁ δύσκολος, «Apolonio o difícil»), foi un lingüista grego do século II. É considerado o fundador do estudo metódico da gramática, ao ser autor de varios tratados que dotaron por primeira vez á gramática grega dunha base científica. Prisciano chamouno grammaticorum princeps ("príncipe dos gramáticos")[1].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Viviu en Alexandría en condicións de extrema pobreza e escribiu numerosas obras, das cales só se conservan catro: o tratado Sobre a Sintaxe[2] e os breves ensaios titulados Sobre os Pronomes, Sobre a Conxunción e Sobre os Adverbios.

Este Apolonio, que se gañou o sobrenome de dýskolos («difícil») polo conciso e denso das súas explicacións, foi o máis importante tratadista de sintaxe na tradición filolóxica antiga. Só a Tékhnē grammatiké (Τέχνη Γραμματική) de Dionisio Tracio (século -I) rivalizou en prestixio con esta Sintaxe. Pero son dúas obras de distinto nivel e estilo. A obra de Apolonio é un tratado sintáctico de estudo amplo, crítico, e bastante persoal, sobre os conceptos fundamentais da construción gramatical. Que é a oración, as súas partes, as funcións dos pronomes, os significados das formas verbais e outros temas sintácticos, son estudados aquí a fondo, con moitos exemplos, en boa medida homéricos, de acordo co labor filolóxico habitual nos círculos alexandrinos. Apolonio ten indicios de sorprendente modernidade, ademais de recoller e criticar a tradición anterior. O gramático Prisciano, baseouse para os seus textos nos escritos de Apolonio.

A súa obra raramente se traduciu a outros idiomas (só unha vez ao alemán, ao inglés e ao francés). En español, a única edición traducida, con introdución e comentario podémola atopar na Editorial Gredos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads