Arenas de San Pedro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Arenas de San Pedro (coñecida como A Andalucía de Ávila[1]) é unha cidade e municipio de España situada no sur da provincia de Ávila, comunidade autónoma de Castela e León. Trátase da capital da comarca do Valle del Tiétar, pertencente ás antigas Tierras de Talavera.[2] A altitude do municipio alcanza os 2 343 m no pico de La Mira, na serra de Gredos. O municipio conta cunha poboación de 6 556 habitantes (INE 2017), o que o converte na terceira poboación en número de habitantes da provincia, por detrás de Ávila e Arévalo. Os núcleos de poboación de Ramacastañas, La Parra e Hontanares pertencen ao municipio baixo a forma de pedanías. Boa parte do municipio pertence ao espazo protexido do parque rexional da Serra de Gredos, sendo o municipio máis poboado da contorna do parque. As festas patronais da localidade celébranse na honra á Virxe do Pilar (8 de setembro) e a San Pedro de Alcántara (19 de outubro).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Ávila ![]() | ||||
Capital | Arenas de San Pedro ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.464 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 194,85 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Tiétar, Arenal, Ramacastañas River (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 510 m ![]() | ||||
Punto máis alto | La Mira (2.343 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | El Arenal (pt) ![]() Navalcán (pt) ![]() Oropesa (pt) ![]() Parrillas (pt) ![]() Montesclaros (pt) ![]() Velada (pt) ![]() Lanzahíta (pt) ![]() Mombeltrán (pt) ![]() San Juan de Gredos (pt) ![]() Candeleda (pt) ![]() Hoyos del Espino El Hornillo (pt) ![]() Poyales del Hoyo (pt) ![]() Guisando Santa Cruz del Valle (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Juan Carlos Sánchez Mesón (2015–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 05400 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 05014 ![]() | ||||
Páxina web | arenasdesanpedro.es ![]() | ||||
![]() ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Arenassanpedrocastle.jpg/640px-Arenassanpedrocastle.jpg)
As orixes do municipio remóntanse á Idade Media, cando un grupo de poboadores dun núcleo anterior fundou a poboación na localización actual. Recibiu o título de vila en 1393, baixo o reinado de Henrique III de Castela. Durante o resto da Idade Media e a Idade Moderna foi cabeza dun señorío que agrupaba a Arenas de San Pedro e ás aldeas de El Arenal, Guisando, Hontanares, El Hornillo, La Parra, Poyales del Hoyo e Ramacastañas. No século XVIII a vila foi testemuña da presenza da familia do infante Luis Antonio de Borbón e Farnesio e a súa pequena corte de artistas (Francisco de Goya, Luigi Boccherini e Ventura Rodríguez entre outros) que o acompañaron durante un tempo no palacio neoclásico que o infante mandou construír na localidade.