From Wikipedia, the free encyclopedia
A arquitectura longobarda, tamén chamada arquitectura lombarda, constitúe un conxunto de obras arquitectónicas realizadas na Península Itálica durante o reinado dos xermánicos longobardos –tamén chamados lombardos– (568-774), cunha permanencia residual na parte meridional da península, a parte chamada Langobardia Minor gobernada por reis e duques longobardos, até os séculos X-XI.
A actividade arquitectónica desenvolvida na Langobardia Maior, a parte setentrional da actual Italia (citada en diante como Italia), chegou até os nosos días moi fragmentada, especialmente por mor das sucesivas reconstrucións dos edificios sacros e profanos feitas durante os séculos VII e VIII. Agás o Tempietto Longobardo de Cividale del Friuli, conservado intacto en gran parte, as edificacións lombardas civís e relixiosas de Pavia, Monza e outras localidades foron refeitas nos séculos vindeiros. Poucos edificios ficaron íntegros, ora por quedaren incluídos en ampliacións, como a igrexa de San Salvatore en Brescia, ora por seren periféricos e de modestas dimensións, como a igrexa de Santa Maria foris portas en Castelseprio.
Porén, é posíbel atopar testemuños fieis ás formas orixinais en Langobardia Minor. En Benevento consérvase a igrexa de Santa Sofia, boa parte dun treito da Muralla e a Roca dei Rettori, único exemplo íntegro de arquitectura militar longobarda, mentres restan outros testemuños menores noutros lugares do Ducado de Benevento e en Spoleto.
As principais mostras arquitectónicas superviventes da época longobarda foron reunidas recentmente nun itinerario. O conxunto forma parte da «Italia Langobardorum. Centri di potere e di culto (568-774)», que comprende sete lugares cheos de restos arquitectónicos, pictóricos e escultóricos da arte longobarda[1], e cuxa candidatura a Patrimonio da Humanidade da UNESCO foi aceptada en marzo de 2008 e foi inscrita o 26 de xuño de 2011.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.