Filme estadounidense de ciencia ficción de 2016 From Wikipedia, the free encyclopedia
Arrival é un filme estadounidense de drama e ciencia ficción, dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Heisserer. Con Amy Adams e Jeremy Renner nos papeis principais, baséase no premiado relato Story of Your Life de Ted Chiang.[3] A estrea mundial foi no 1º de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Venecia. En Galicia estreouse coa dobraxe en castelán (La llegada) o 18 de novembro de 2016[4].
Arrival | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Denis Villeneuve |
Produtor | Dan Levine Shawn Levy David Linde Karen Lunder Aaron Ryder Paul Barbeau Glen Basner Dan Cohen Eric Heisserer Martin Henri Michael Jackman Tory Metzger Milan Popelka Stan Wlodkowski |
Guión | Eric Heisserer |
Baseado en | Relato: Story of Your Life de Ted Chiang |
Intérpretes | Amy Adams Jeremy Renner Forest Whitaker |
Música | Jóhann Jóhannsson |
Fotografía | Bradford Young Nicolas Lepage |
Montaxe | Joe Walker |
Estudio | FilmNation Entertainment 21 Laps Entertainment Lava Bear Films |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 1 de setembro de 2016 (Festival de Venecia); 18 de novembro de 2016 |
Duración | 116 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | 47 000 000 USD$[2] |
Recadación | 195 000 000 USD$[2] |
Na rede | |
http://www.arrivalmovie.com/ | |
|
Cando uns extraterrestres aterran en todo o mundo, unha experta lingüista é recrutada polos militares estadounidenses para determinaren se estes veñen en paz ou supoñen unha ameaza. A medida que aprende a se comunicar cos extraterrestres comeza a experimentar certos procesos, que se converten na clave para desbloquear o maior misterio sobre o verdadeiro propósito da súa visita.
Xa se planeara unha adaptación do relato Story of Your Life, a cargo de Eric Heisserer, dende novembro de 2012. A rodaxe levaríase a cabo en Montreal, Quebec, coa participación da produtora FilmNation Entertainment.[5][6] O 2 de abril de 2014, Deadline.com revelou que Denis Villeneuve fora elixido para dirixir unha adaptación do filme escrito por Eric Heisserer e coproducido por FilmNation Entertainment e Lava Bear Films. Amy Adams estaba "en conversacións iniciais" para o papel principal como a Dra. Louise Banks, unha experta lingüista.[7]
O 14 de maio de 2014, a Paramount Pictures emitiu un comunicado de prensa indicando que adquirira os dereitos de distribución en América do Norte para a adaptación do filme —titulado daquela: Story of Your Life— co lanzamento tentativo para o 2016. Tanto o director Denis Villeneuve e a actriz Amy Adams foran confirmados para o proxecto, baseado "nun novo borrador dun guion" de Eric Heisserer.[8] Jeremy Renner uniuse á película o 6 de marzo de 2015 para interpretar un profesor de física emparellado coa personaxe de Adams, ademais de estar relacionado co goberno para axudar a se comunicar cos alieníxenas.[9] Forest Whitaker uniuse ao filme o 1º de abril de 2015, e Michael Stuhlbarg uniuse ao elenco como axente da CIA Halpern en xuño de 2015.[10][11]
A rodaxe comezou o 7 de xuño de 2015 en Montreal (Québec, Canadá)[12][13], xusto despois de que Renner rematase a rodaxe de Captain America: Civil War.[9]
No primeiro acto, case ao comezo do filme, a Dra. Louise Banks na clase de Lingüística avanzada, na universidade, fala do portugués e do motivo polo que soa diferente ao resto das linguas romances. A continuación fai referencia ao reino de Galicia como orixe da súa historia.
“ |
A historia do portugués comeza no reino de Galicia, na Idade Media, cando a lingua era unha forma de arte. |
” |
— Arrival, guión de Eric Heisserer, escena 12, p. 5., (Final Shooting Draft)[14] |
Na versión final do guión de rodaxe o diálogo da personaxe Louise Banks contén unha liña máis, xusto despois de dicir que «a lingua era unha forma de arte» engade «O xeito no que se escribía e se falaba tiña o seu xerme na estética»[14]. Nese momento un incidente interrompe a clase: a arribada, a chegada, que dá título á película.
Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Premios Óscar | Mellor película | Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David Linde | Pendente | [15] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette, Paul Hotte | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellor son | Bernard Gariépy Strobl, Claude La Haye | Pendente | ||
Mellor edición de son | Sylvain Bellemare | Pendente | ||
Globo de Ouro | Mellor actriz - Drama | Amy Adams | Nomeada | [16] |
Mellor banda sonora | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Premios BAFTA | Mellor película | Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David Linde | Pendente | [17] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor música orixinal | Jóhann Jóhannsson | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellor son | Bernard Gariépy Strobl, Claude La Haye, Sylvain Bellemare | Pendente | ||
Mellor efectos visuais | Louis Morin | Pendente | ||
American Film Institute | Top 10 de películas | Arrival | Gañadora | [18] |
National Board of Review | Mellor actriz | Amy Adams | Gañadora | [19] |
Top 10 | Arrival | Gañadora | ||
Premios da Crítica Cinematográfica | Mellor película | Arrival | Nomeada | [20][21] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Nomeada | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Mellores efectos visuais | Nomeada | |||
Mellor película de ciencia ficción/terror | Arrival | Gañadora | ||
Evening Standard British Film Awards | Mellor logro técnico | Max Richter (contribución á música) | Gañador | [22] |
Círculo de Críticos de San Francisco | Mellor película | Arrival | Pendente | [23] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Pendente | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Crítica de Washington DC. | Mellor película | Arrival | Nomeada | [24] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Nomeada | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Crítica de San Diego | Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | [25] |
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellores efectos visuais | Arrival | Pendente | ||
Crítica de St. Louis | Mellor película | Arrival | Finalista | [26][27] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Finalista | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Finalista | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellores efectos visuaies | Nomeada | |||
Mellor película de terror/ciencia ficción | Arrival | Finalista | ||
Hollywood Music in Media Awards | Música Orixinal en Película de Ciencia ficción/Fantasía | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | [28] |
Crítica de Kansas | Mellor guión adatado | Eric Heisserer | Gañador | [29] |
Mellor película de Sci-fi/Terror | Arrival | Gañadora | ||
Australian Academy of Cinema and Television Arts International Awards |
Mellor película | Arrival | Pendente | [30] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Alianza de Mujeres Periodistas de Cine | Mellor película | Arrival | Nomeada | [31][32] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Nomeado | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Crítica de Florida | Mellor guión adaptado | Annette Bening | Nomeada | [33] |
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor dirección de arte | Patrice Vermette | Nomeada | ||
Mellor banda sonora | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellores efectos visuais | Gañadora | |||
Crítica de Carolina do Norte | Mellor película | Arrival | Nomeada | [34][35] |
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellores efectos visuais | Nomeada | |||
Online Film Critics Society | Mellor película | Arrival | Nomeada | [36][37] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer, Ted Chiang | Gañadores | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Crítica de Seattle | Mellor película | Arrival | Pendente | [38] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Pendente | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellores efectos visuais | Louis Morin | Pendente | ||
Asociación de Críticos de Cine de Austin | Mellor película | Arrival | Nomeada | [39] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Top 10 do ano | Arrival | Gañadora | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Directores de Casting | Mellor casting nun drama de alto orzamento | Francine Maisler, Lucie Robitaille | Pendente | [40] |
Premios Eddie | Mellor montaxe en película dramática | Joe Walker | Pendente | [41] |
Círculo de Críticos de Oklahoma | Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | [42] |
Gremio de directores artísticos | Mellor dirección artística en película de fantasía | Patrice Vermette | Pendente | [43] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.