Jeremy Renner

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Jeremy Renner
Remove ads

Jeremy Lee Renner,[1] nado en Modesto (California) o 7 de xaneiro de 1971,[2] é un actor e músico[3] estadounidense. Renner apareceu en numerosos filmes ó longo da década de 2000, sobre todo en papeis secundarios. O recoñecemento internacional chegoulle con filmes como Dahmer (2002), S.W.A.T. (2003), Neo Ned (2005), 28 Weeks Later (2007) e foi nomeado ao Oscar ó mellor actor polo seu papel protagonista no filme En terra hostil (2009). Ó ano seguinte apareceu no filme Cidade de ladróns (2010). O seu traballo como "James Coughlin" nese filme serviulle para acadar un nomeamento da Academia por mellor actor secundario.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Lee e Valerie, é o maior de cinco irmáns. Actualmente vive na súa cidade natal. Antes de interesarse polo cinema, as súas paixóns centrábanse na criminoloxía e na computación, pero o teatro puido máis e trasladouse a San Francisco, onde estivo en producións locais. Ó cabo dun tempo marcha vivir aos Ánxeles, onde a súa vida transcorría entre múltiples audicións e actuacións en pequenos teatros. Graduouse na Fred C. Beyer High School e asistiu á Modesto Junior College.[4]

Renner caracterízase por interpretar antiheroes.[5] Entre outros papeis, representou un vampiro do século XVIII, un pistoleiro alcólico e un asasino en serie. Tamén fixo aparicións na televisión en series como Angel, CSI, House e moitos outros.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Premios

Thumb
Jeremy Renner con Brian Geraghty en abril de 2010.

Premios Óscar

Máis información Ano, Categoría ...

Globos de Ouro

Máis información Ano, Categoría ...

BAFTA

Máis información Ano, Categoría ...

Premios do Sindicato de Actores

Máis información Ano, Categoría ...

Independent Spirit Awards

Máis información Ano, Categoría ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads