From Wikipedia, the free encyclopedia
A arte mudéxar é a arte que practicaban os mudéxares e mouriscos. Tivo lugar do século XII ao XVI, e foi un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico; con todo non tivo pegada en Galicia, Asturias e Cantabria, pola pouca influencia mourisca nestas zonas. Aínda que tamén chegou ás Américas, ás colonias españolas. Basicamente, é un estilo cristián mais que incorpora influencias, elementos ou materiais de estilo hispano-musulmán.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Nesta arte influíu a situación fronteiriza, sempre móbil. O estilo europeo ía penetrando na península e ía paseniñamente condicionado polo mudéxar. A posterior conquista do Al-Àndalus deu un mudéxar máis novo e con influencias directas da arquitectura tradicional. Unha figura de importancia no mudéxar é o albanel ou alarife (obreiro entendido coma mestre de construción) e o seu mundo, en contraposición coa cantaría e os pedreiros. O alarife utilitzaba azulexos, xeso, escaiola, cachotaría, madeira etc. A súa situación de vencido transfórmao en man de obra barata e en condicións de construír o que lle ordenen os seus clientes, que foron igrexas, sinagogas, fortificacións, pazos etc. Posteriormente os cristiáns aprenderon esta tradición. Sen crebar na modestia esta arte pretende dar toda a animación que pode unicamente usando os materiais mencionados. Entre os elementos típicos saloientan: grellas (tipo xadrez), espiñas de peixe, pequenos cantos, arcos cegos, redes de rombos (sebka).
Na arte mudéxar destacan tres escolas:
No século XIX, xunto con outros estilos, rexorde a arte neomudéxar.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte mudéxar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.