Artemidoro de Éfeso
cartógrafo e xeógrafo grego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Artemidoro de Éfeso, do que se sabe que viviu a finais do s. II a. C. e principio do s. I a. C., foi un cartógrafo e xeógrafo grego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II a. C. Éfeso |
Morte | século I a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía |
Ocupación | xeógrafo |
Lingua | Grego antigo |
- Para o oniromante grego do século II, vexa Artemidoro de Daldis
Visitou Italia (como embaixador na Roma), Hispania, Exipto, e gran parte dos países ribeiraos do mar Mediterráneo. Escribiu unha vasta obra xeográfica titulada Geographoumena en once libros. Engadiu moita información que sacou das obras das súas predecesores Agatárquidas, Eratóstenes etc.
O seu texto orixinal dificilmente parece estar detrás do contido do Papiro de Artemidoro, obxecto que se viu envolto nos últimos anos nunha dilatada polémica acerca da súa autenticidade; os argumentos a favor da autenticidade son cada vez como máis débiles por parte da comunidade científica. O papiro contén un mapa e numerosas ilustracións. Indentificouse cun mapa parcial da Península Ibérica, aínda que o seu estado inconcluso impide confirmar esta ou calquera outra identificación.