músico italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Arturo Toscanini, nado en Parma o 25 de marzo de 1867 e finado o 16 de xaneiro de 1957, foi un músico italiano, considerado por moitos dos seus contemporáneos como un dos máis grandes directores de orquestra da época.
(1926) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1867 Parma, Italia |
Morte | 16 de xaneiro de 1957 (89 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán |
Senador vitalicio | |
5 de decembro de 1949 – 7 de decembro de 1949 (renúncia (pt) ) Nomeado por: Luigi Einaudi | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–1957) Reino de Italia (1867–1946) |
Educación | Conservatorio Arrigo Boito (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Nova York Milán Lierna |
Ocupación | músico , compositor , director musical , director de orquestra , político |
Período de actividade | 1886 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Lingua | Lingua italiana |
Instrumento | Violoncello |
Selo discográfico | RCA Records |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Carla Toscanini De Martini (1897–1951), morte do cónxuxe |
Fillos | Wally Toscanini Castelbarco (en) , Walter Toscanini (en) , Wanda Toscanini (pt) |
Pai | Claudio Toscanini (pt) |
Parentes | Vladimir Horowitz (xenro) |
Premios | |
Toscanini iniciou a súa formación musical en Parma ao gañar unha bolsa para o conservatorio local, no que estudou cello. Tras os seus estudos, uniuse á orquestra dunha compañía de ópera coa que realizou unha xira por Suramérica. Mentres representaban Aida no Río de Xaneiro en 1886, o director da orquestra foi apupado polo público e obrigado a abandonar o escenario. Toscanini, afortunadamente, colleu a batuta animado polo resto de músicos comezando así, con 19 anos, a súa carreira como director.
En 1898, converteuse en director residente de A Scala de Milán, onde permaneceu ata 1908 e á que volvería nos anos 20. Ademais pasou polo Metropolitan Opera de Nova York (1908 - 1915) e Bayreuth (1930 - 1931), dirixindo tamén a New York Philharmonic Orchestra (1926 - 1936) e no Festival de Salzburgo (1934 - 1937).
Radicalmente oposto aos réximes fascistas de Alemaña e Italia, abandonou Europa para dirixirse aos Estados Unidos. Alí fundouse en 1937 a Orquestra Sinfónica da NBC para el e con ela actuou con regularidade ata 1954 na Radio Nacional. As súas actuacións convertérono no primeiro director de orquestra estrela dos modernos medios de comunicación de masas. A súa actividade como director de actuacións en directo para a radio continuou ata a súa retirada.
Toscanini era famoso polas súas interpretacións de Beethoven e Verdi. Realizou numerosas gravacións, especialmente cara ao final da súa carreira, a maioría delas publicadas. Amais diso, legou numerosas gravacións dispoñibles das súas interpretacións para a radio.
Para a maioría das recompilacións da súa obra, as súas mellores gravacións son as seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.