Milán

comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Milánmap
Remove ads

Milán[1] (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), It-Milano.ogg escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Véxase tamén: Historia de Milán.

Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.

Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.

Remove ads

Monumentos

  • A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construída en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada até o século XIX.
  • A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II).
  • O Teatro da Scala (Teatro alla Scala).
  • O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco).
  • O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale).
  • A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construída entre os anos 379 e 386.
  • O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana.
  • Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.

Galería

Remove ads

Economía

Bolsa de Milán

Demografía

A comuna ten 1 324 110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7 400 000 (segundo a OECD).

É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.

Deportes

Fútbol

A cidade ten dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:

Outros deportes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads