A Asemblea Xeral de Arcansas (en inglés, General Assembly of Arkansas) é o parlamento do estado de Arcansas, nos Estados Unidos. A Asemblea Xeral ten unha estrutura bicameral, sendo conformada pola Cámara de Representantes e o Senado. A súa sede está no Capitolio Estatal de Arcansas, en Little Rock.

Thumb
Capitolio Estatal de Arcansas, sede da súa Asemblea Xeral, en Little Rock.

Composición e funcións

Thumb
Selo postal coa bandeira de Arcansas

A Asemblea Xeral de Arcansas como órgano que exerce o poder lexislativo naceu en 1836 coa primeira constitución do estado. A actual constitución, a de 1871, determina no seu artigo 5 as súas facultades lexislativas e a súa organización. Deste xeito, a Asemblea Xeral de Arcansas está integrada por:[1]

  • O Senado: é a cámara alta da Asemblea, componse de 35 membros, electos cada catro anos. As eleccións organízanse de tal xeito que se renoven parcialmente cada dous anos. Os senadores non poden exercer o cargo máis de oito anos consecutivos.
  • A Cámara de Representantes: é a cámara baixa da Asemblea, está conformada por 100 membros. A Cámara de Representantes renóvase cada dous anos mediante eleccións. Os electos teñen o límite de tres mandatos de dous anos (seis anos consecutivos).

O procedemento lexislativo é semellante ao seguido na maioría dos estados dos Estados Unidos. As leis propostas polos lexisladores, derívanse a unha comisión parlamentaria que as analiza e que logo remite ao plenario da cámara onde foi proposta. Alí é votada tras varias lecturas nas que se debatiron as diferentes emendas. Unha vez aprobada por unha cámara, remíteselle á outra para o seu estudo, debate e aprobación. A Asemblea Xeral ten capacidade de revogar o veto do gobernador por maioría simple dos seus membros.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.