Aspasia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aspasia de Mileto (en grego; Ἀσπασία), nada cara ao 470 a.C.[1][2] e finada cara ao 400 a.C.,[1][3], mestra de retórica e logógrafa, tivo grande influencia na vida cultural e política na Atenas do Século de Pericles. Filla de Axíoco, foi unha muller famosa tamén porque estivo unida ao político ateniense Pericles[4] desde aproximadamente os 450 - 445 a.C. até a morte deste no 429 a.C.
Nome orixinal | (grc) Ἀσπασία |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 470 a. C. Mileto |
Morte | 400 a. C. (69/70 anos) Atenas, Grecia |
Actividade | |
Ocupación | retórica , oradora , filósofa , escritora |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Cónxuxe | Pericles (445 a. C.–), morte do cónxuxe Lysicles |
Fillos | Péricles (pt) () Pericles |
Sábese pouco da súa vida. Pasou a maior parte da súa vida adulta en Atenas e puido ter influído tanto a Pericles como a outros políticos atenienses. É mencionada nos escritos de Platón, Aristófanes, Xenofonte e outros autores da época. Plutarco refírese a ela na súa biografía de Pericles.
Os escritores antigos tamén recollen nos seus escritos que Aspasia podería dirixir un bordel e chámana hetera (unha cortesá da Grecia antiga), aínda que estes relatos foron postos en dúbida polos estudosos modernos, baseándose en que moitos dos autores eran escritores satíricos cuxa principal finalidade era difamar a Pericles.[5] Algúns investigadores cuestionan a idea de que fose unha hetera, e suxeriron que podería estar casada con Pericles.[6] Aspasia tiña un fillo de Pericles, Pericles o Novo, que máis tarde se convertería en xeneral na academia militar ateniense e que foi executado tras a batalla de Arginusas.
Crese que Aspasia, á morte de Pericles, foi amante de Lisicles, outro político ateniense.