From Wikipedia, the free encyclopedia
Axeladas (en latín Ageladas, e en grego Άγελάδας) ou Hagelaidas (esta última forma é a que aparece nas inscricións), é o nome de dous escultores gregos da escola de Argos e que un é o avó do outro[1] aínda que é algo que está en discusión.
Nome orixinal | (grc) Αγελάδας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. Argos, Grecia |
Morte | século V a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | escultor |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Período de actividade | 520 a. C. - 450 a. C. |
Alumnos | Fidias |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables |
Se estima que debeu nacer polo 540 a.C.[2] e que traballou entre o 520 e o 490 a.C.,[3] e os textos antigos atribúenlle as seguintes obras:
O seu período de actividade abrangueu do 474 ao 430 a.C., data na que Plinio o Vello sitúa o seu apoxeo.[9] Fundou unha escola escultórica, na que se pensa que estudaron Mirón,[10] Fidias[2] e Policleto.[11] Malia que non se coñece gran cousa deste escultor, hai unha inscrición que sinala que o nome do seu fillo foi Argeiadas.
É moi coñecida a súa estatua representando a Zeus Ithomatas, feita para os mesenios de Naupactos,[12][13] e que foi reproducida nas moedas desa cidade, así como unha estatua de Zeus neno e un Heracles con barba, ámbolos dous encargados en Egio, Acaia.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.