Axolote
especie de anfibio / From Wikipedia, the free encyclopedia
O axolote[2] (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum.[3][4] Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.[5] Os axolotes son infrecuentes entre os anfibios xa que alcanzan a madurez sen pasar por un proceso de metamorfose. No canto de desenvolveren pulmóns e viviren en terra, os adultos permanecen na auga e teñen galadas externas.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Axolote | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Pechar