novelista chinés (1904-2005) From Wikipedia, the free encyclopedia
Li Yaotang (chinés tradicional: 李堯棠; chinés simplificado: 李尧棠; pinyin: Lǐ Yáotáng; Wade-Giles: Li3 Yao2-t'ang2), máis coñecido como Ba Jin (chinés tradicional e simplificado: 巴金; pinyin: Bā Jīn; Wade-Giles: Pa1 Chin1), nado o 25 de novembro de 1904 e falecido o 17 de outubro de 2005, foi un dos escritores chineses máis lidos do século XX.[1] A súa obra máis coñecida é Jia (家, "Familia", 1933).[2] Tamén foi un destacado esperantista.[3] O seu relato "Noites de Marsella" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[4]
Naceu en Chengdu, Sichuan no seo dunha familia de funcionarios que fixeran fortuna, o seu avó paterno gobernaba autocraticamente unha extense familia nunha mansión na cal vivían cinco xeracións e máis os criados, de pequeno ensinoulle a ler e escribier súa nai e logo profesores privados. Lector avido quedou impresionado polo pensamento de Kropotkin e Emma Goldman. En 1920 entrou na Escola de Idiomas local para estudar inglés, participou activamente no movemento estudantil e entrou nun grupo anarquista, en 1923 marchou a Sanghai para continuar os seus estudos pero acabou matriculándose en Nanjing onde se especializa en esperanto, en 1927 viaxa a París para estudar francés, participou na campaña internacional para salvar aos anarquistas Sacco e Vanzetti da pena de morte nos Estados Unidos, chegando a manter unha breve relación epistolar con Vanzetti, traduciu ensaios de pensadores anarquistas ao chinés e escribiu a súa primeira novela, Mièwáng (灭亡, "Destrución") que publicou por entregas nunha revista literaria, xa de volta na China, en 1929. En 1931 publicou Jia (家, "Familia") onde retrata a opresión a que se ven sometidos os membros dunha familia autocrática, baseándose na súa propia familia, a novela marcou a toda unha xeración que se viu retratada nela e xunto con Chūn (春, "Primavera", 1938) e Qiū (秋, "Outono", 1940) forma unha triloxía. Durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa Ba Jin participou en labores de propaganda contra os xaponeses e escribiu a triloxía Huǒ (火, "Lume") descrición da China resistente. Despois da derrota do Xapón e na guerra civil Ba Jin mantivo o seu pensamento anarquista polo que foi duramente criticado polo Partido Comunista pero tras o triunfo deste en 1949 decidiu permanecer no país e ingresar no Partido Comunista da China, foi deputado por Sichuan. Durante a Revolución Cultural foi perseguido e humillado, rehabilitado en 1977, foi presidente da Asociación de Escritores desde 1983. Esperantista convencido foi vicepresidente da Liga Chinesa de Esperanto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.