filme de 1965 dirixido por Orson Welles From Wikipedia, the free encyclopedia
Badaladas a medianoite (en inglés: Falstaff (Chimes at Midnight)) é un filme hispano-suízo[2] de 1966 dirixido e protagonizado por Orson Welles. Estreouse nos Estados Unidos baixo o título Chimes at Midnight e na maior parte de Europa como Falstaff. A trama da película céntrase no personaxe recorrente de William Shakespeare Sir John Falstaff e na relación pai-fillo que mantén co Príncipe Hal, quen debe escoller entre a lealdade ao seu pai, o rei Henrique IV, ou Falstaff.
Badaladas a medianoite | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Falstaff (Chimes at Midnight) |
Director | Orson Welles |
Produtor |
|
Guión | Orson Welles |
Baseado en |
|
Intérpretes |
|
Música | Angelo Francesco Lavagnino |
Fotografía | Edmond Richard |
Montaxe | Frederick Muller |
Estudio |
|
Distribuidora | Peppercorn-Wormser Film Enterprises (USA) |
Estrea | Festival de Cannes: 8 de maio de 1966 17 de novembro de 1966 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | España Suíza |
Xénero | Drama e comedia |
Orzamento | 800 000 dólares |
Recadación | 516 762 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
Welles dixo que o núcleo da historia do filme era "a traizón á amizade". Está protagonizada por Welles como Falstaff, Keith Baxter como Príncipe Hal, John Gielgud como Henrique IV, Jeanne Moreau como Doll Tearsheet e Margaret Rutherford como Mistress Quickly. O guión contén texto de cinco obras de Shakespeare; principalmente Henry IV, Part 1 e Henry IV, Part 2, mais tamén Richard II, Henrique V e The Merry Wives of Windsor. A narración de Ralph Richardson está tomada dos traballos do cronista Raphael Holinshed.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.