Bandeira de Cataluña
bandeira oficial de Cataluña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Senyera ou bandeira de Cataluña é a tradicional de catro barras vermellas en fondo amarelo e ha de estar presente nos edificios públicos e nos actos oficiais que teñan lugar en Cataluña (articulo 8.2 do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006). A bandeira ten a categoría de símbolo nacional de Cataluña (artigo 8.1 do Estatut).[1]
Bandeira de Cataluña | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 18 de decembro de 1979 |
Cores | Vermello Amarelo |
Provén do emblema heráldico da liñaxe dos condes de Barcelona, un dos máis antigos de Europa, posto sobre tea. Adoptárono os seus descendentes como condes da Provenza no século XII, como reis de Mallorca no XIII e como reis de Aragón despois de que a rama principal familiar sucedese a Ramiro II no reino de Aragón en 1137. A partir de Xaime I coñecerase como bandeira ou sinal real. A partir do século XIX e a Renaixença, o Catalanismo afianzou a súa identificación como Bandeira Nacional de Cataluña.