Barthélemy d'Eyck
From Wikipedia, the free encyclopedia
Barthélemy d'Eyck ou van Eyck[1] (ca. 1420 – 1470)[2] foi un pintor da escola dos primitivos flamengos que traballou en Francia e probablemente no ducado de Borgoña como pintor e iluminador de manuscritos. Estivo activo aproximadamente entre 1440 e 1469.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1420 Bispado de Liège (pt) |
Morte | 1472 ↔ 1475 (49/59 anos) |
Pintor de cámara Renato I de Nápoles (pt) | |
1447 – 1470 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bispado de Liège (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pintor , iluminador |
Período de actividade | 1444 (Gregoriano) - 1472 (Gregoriano) |
Movemento | Pintura flamenga primitiva |
Influencias | |
Mecenas | Renato I de Nápoles (pt) |
Obra | |
Obras destacables
|
Malia que non hai ningún traballo documentado como seu que sobrevivise, foi eloxiado polos contemporáneos como o principal artista da súa época, e polo xeral acéptanse como súas algunhas obras importantes. En particular, Barthélemy foi aceptado por moitos expertos como a identidade dos artistas anteriomente coñecidos como o mestre da Anunciación de Ais polas pinturas, e o mestre de René de Anjou polos manuscrits iluminados.[4] Crese que podería ser o "mestre das Sombras", responsable dalgunhas partes do calendario de Les Très Riches Heures du Duc de Berry.