Batería de Bagdad
From Wikipedia, the free encyclopedia
Batería de Bagdad é o nome dado a diversos floreiros fabricados durante o período parto (antes do ano 226d.C.), que algúns supón que funcionaban como unha pila eléctrica.
En 1936, durante unhas escavacións nun outeiro de Kujut Rabua, unha aldea ao sueste de Bagdad (Iraq), os traballadores do Departamento Estatal Iraquí do Ferrocarril descubriron unha tumba bella cuberta cunha laxa de pedra. Durante dous meses, o Departamento Iraquí de Antigüidades extraeu de alí un total de 613 abelorios, figurillas de arxila, ladrillos cincelados e outras pezas. Foron datados no período dos partos (case cincocentos anos entre 248 a.C. e 226 d.C.). Tamén acharon uns recipientes moi singulares de arxila, con forma de floreiro e de cor amarela claro. No seu interior había un cilindro de cobre, fixado con asfalto á embocadura do pescozo. Dentro do cilindro había unha vara de ferro.
O recipiente medía 13 cm de alto por 4 cm de diámetro, mentres que o cilindro de cobre medía 9 cm de alto por 2,6 cm de diámetro. A vara de ferro sobresaía 1 centímetro e daba a impresión de ter estado revestida dunha fina capa de chumbo.
Nese ano (1939), o arqueólogo alemán Wilhelm König, entón a cargo do Laboratorio do Museo Estatal de Bagdad, identificouno como unha probable pila eléctrica. Describiu o seu achado no 9 Jahre Iraq, publicado en Austria en 1940. A primeira análise deste obxecto consistiu en introducir no seu interior un electrólito, e conectarlle unha lámpada, que se acendeu moi debilmente. O informe oficial que se redactou despois dicía que este obxecto comportábase exactamente igual que unha pila eléctrica moderna.
De regreso ao Museo de Berlín (Alemaña), König relacionou o descubrimento con outros cilindros, varillas e tapóns de asfalto similares provenientes de Mesopotamia; todos eles con varillas delgadas de ferro e bronce. Pareceulle que estas "baterías" puidéronse unir en serie (unha detrás doutra) para aumentar a voltaxe producida.
Logo da segunda guerra mundial, Willard Gray, enxeñeiro en electrónica do Laboratorio de Alta Voltaxe, da General Electric Company, de Pittsfield (Massachussets, Estados Unidos), fabricou un duplicado destas baterías e encheunas con sulfato de cobre (aínda que declarou que se podería usar outro líquido electrólito ao alcance dos habitantes de Iraq da época: zume de uva corrente). A pila funcionou e xerou entre un e dous voltios.
Gray dixo que introduciu ademais unha figura de prata, que en dúas horas volveuse dourada. Segundo el, demostrara que a batería funcionaba, e que o seu probable uso era de restaurar obxectos de prata.