Benito Soto
pirata galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Benito Soto Aboal, nado en Pontevedra[1] o 22 de marzo de 1805 e finado en Cádiz ou en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830[2], foi un pirata galego con sona de acadar grandes cotas de crueldade. Moitos datos da súa biografía son confusos e existen fontes contraditorias sobre eles. Segundo Philip Henry George Gosse, que lle concede unha epígrafe en The Pirates' Who's Who[3] e aborda a súa figura en The History of Piracy[4]:
[Benito Soto é] o nome máis notable, asociado á ruta oriental ás Indias, pertence ó século XIX e o nome é Benito de Soto...natural da Coruña.[5]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1805 Pontevedra, España |
Morte | 25 de xaneiro de 1830 (24 anos) Xibraltar |
Causa da morte | Pena de morte (Enforcamento ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pirata |
Lingua | Lingua castelá |
Pechar