Cádiz
cidade de Andalucía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cádiz[1] é unha cidade e municipio español do sur da Península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital de | |||||
Capital | Cádiz City (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 111.811 (2023) (9.240,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12.100.000 m² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | século XI a. C. | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Virxe do Rosario | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José María González Santos (pt) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11000 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11012 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cadiz.es | ||||
Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.
O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.