Bertram Mackennal
escultor e deseñador de moedas e selos australiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Edgar Bertram Mackennal nado en Melbourne, Australia, o 12 de xuño de 1863 e finado en Torquay, Devon, Inglaterra, foi un escultor e medallista australiano coñecido polos seus deseños de moedas e selos postais británicos e dos seus territorios coa efixie do rei Xurxo V.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1863 Melbourne, Australia |
Morte | 10 de outubro de 1931 (68 anos) Torquay, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | artista , escultor , deseñador de selos , medallista |
Período de actividade | 1882 - 1931 |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Compañeiro profesional | John Pinches (en) : John Pinches Ltd. (en) Erik Lindberg (pt) : Lindeberg en (en) |
Premios | |
Pechar
Mackennal foi o artista australiano de maior recoñecemento internacional do século XIX e de principios do século XX.[1]
Foi un artista próximo á casa real británica e realizou estatuas de Vitoria, Eduardo VII e Xurxo V, tanto en Inglaterra como en Australia e na India Británica. Foi condecorado por Xurxo V como cabaleiro da Real Orde Vitoriana.