Bifröst
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bifröst (tamén Bilröst) é na mitoloxía nórdica unha ponte de arco da vella ardente que une Midgard (o mundo dos homes) e Asgard (o reino dos deuses). A ponte aparece mencionado como Bilröst na Edda poética, como Bifröst na Edda prosaica de Snorri Sturluson e en diversos poemas da poesía escáldica. Ambas Eddas tamén se refiren á ponte como Asbrú (antigo nórdico "a ponte dos Æsir").[1]
Segundo a Edda prosaica, a ponte finaliza na bóveda celestial onde o deus Heimdall, o vixilante, ten a súa residencia chamada Himinbjörg. Dende alí vixía ós xigantes. A destrución da ponte durante o Ragnarök polos exércitos de Muspell está profetizada. Existen paralelismos entre Bifröst e outro ponte presente na mitoloxía nórdica, Gjallarbrú.