From Wikipedia, the free encyclopedia
Brasilia[1] (en portugués: Brasília) é a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.
Brasília (pt) | |||||
Himno | Hino a Brasília (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Venturis ventis» | ||||
Nomeado en referencia a | Brasil | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Distrito federal (pt) | Distrito Federal | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.817.068 (2022) (485,53 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.802 km² | ||||
Bañado por | Rio Paranoá (pt) e Lago Paranoá (pt) | ||||
Altitude | 1.171 m | ||||
Creación | 21 de abril de 1960 | ||||
Santo padrón | Xoán Bosco e Nossa Senhora da Conceição Aparecida (pt) | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 70000–70999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 061 | ||||
Código de concello do Brasil | 5300108 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | brasilia.df.gov.br | ||||
Brasilia | |
---|---|
Palacio da Alvorada | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Brasil |
Localización | 15°47′38″S 47°52′58″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, iv |
Inscrición | 1987 (XI sesión) |
Rexión da UNESCO | Latinoamérica e o Caribe |
Identificador | 445 |
Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).
A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (cara ao norte) e Brasilia-Acre (cara á fronteira co Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Río de Xaneiro e a 1.015 km de São Paulo.
A cidade creceu máis do planeado polos seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Malia isto, en 2013 a cidade xa contaba con case tres millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en Cidades-Satélite. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.
O Índice de Desenvolvemento Humano na cidade é de 0'936, alcanzando o nivel dun país desenvolvido, e a taxa de analfabetismo do 4'35% aproximadamente.
Os principais museos da cidade están situados no Eixo monumental, entre eles o Museo Nacional da República.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.