Brian David Josephson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Brian David Josephson, nado en Cardiff, País de Gales, o o 4 de xaneiro de 1940, é un físico galés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1973.
Remove ads
Traxectoria
Licenciouse en física en 1960 na Universidade de Cambridge, universidade na cal se doutorou catro anos despois.
Investigacións científicas
Iniciou as súas actividades de investigación no Laboratorio Cavendish da mesma Universidade de Cambridge, lugar onde desenvolveu a totalidade das súas investigacións científicas. En 1962 explicou o que se chamaría efecto Josephson, segundo o cal se unha corrente eléctrica flúe entre dous elementos de material supercondutor separados por unha delgada capa de materia illante, perden estes toda a súa resistencia eléctrica cando se lles somete a unha temperatura próxima ao cero absoluto.
En 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Física "polas súas predicións teóricas sobre as propiedades dunha supercorrente a través dunha barreira de túnel, en particular eses fenómenos coñecidos comunmente como efectos Josephson",[1] que compartiu cos físicos Leo Esaki e Ivar Giaever.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads