Ivar Giaever
físico noruegués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ivar Giaver, en noruegués escrito como Ivar Giæver, nado en Bergen o 5 de abril de 1929 e finado en Schenectady o 20 de xuño de 2025,[1] foi un físico estadounidense, de orixe norueguesa, galardoado en 1973 co Premio Nobel de Física.
Remove ads
Traxectoria
Estudou enxeñaría industrial no Instituto Tecnolóxico de Noruega, licenciándose en 1952 en física. En 1954 emigrou ao Canadá, onde foi empregado da división canadense da General Electric, trasladándose dous anos despois aos Estados Unidos. Naqueles momentos estudou física no Instituto Politécnico Rensselaer, doutorándose en 1964, ano no que conseguiu a nacionalidade estadounidense.
Interesado no efecto túnel sobre os semicondutores e supercondutores, demostrou como o paso de electróns a través dun díodo cunha fina capa de óxido producía o fenómeno coñecido como supercondutividade. En 1973 compartiu o Premio Nobel de Física con Leo Esaki e Brian David Josephson polos seus traballos na física do estado sólido.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads