From Wikipedia, the free encyclopedia
Burl Icle Ivanhoe Ives, nado en Jasper County (Illinois) o 14 de xuño de 1909 e finado en Anacortes (Washington) o 14 de abril de 1995, foi un actor, guionista e cantante de música folk estadounidense.
Ives naceu preto de Hunt City. O seu pai Levi "Frank" Ives (1880–1947) primeiro foi granxeiro e logo contratista par o condado e para outros. Un día Ives estaba a cantar no xardín coa súa nai, Cordelia "Dellie" White (1882–1954), e oíunos o seu tío, que invitou o seu sobriño a cantar nunha reunión de veteranos en Hunt City. Alí impresionou o público.[1]
Entre 1927 e 1929 asistiu á universidade en Charleston, Illinois, onde xogou ao fútbol americano.[2] No seu primeiro ano, sentado na clase de inglés escoitando unha lección sobre Beowulf decatouse de que estaba a perder o tempo: andou cara a porta, o profesor fixo un comentario sarcástico e Ives deu un portazo tras del.[3] Sesenta anos despois a escola deu a un edificio o nome do máis famoso dos seus alumnos que abandonaron os estudos.[4]
Durante a década de 1930 viaxou como cantante polos Estados Unidos, facendo diñeiro con pequenos traballos e co seu banjo. En Mona, Utah, foi encarcerado por vagabundo e por cantar "Foggy Dew", que as autoridades consideraron que era unha canción obscena.[5] Arredor de 1931 comezou a cantar na radio e volveu á universidade en Indiana e en Juilliard School en Nova York.
En 1940 conseguiu o seu propio programa de radio, titulado The Wayfaring Stranger por unha das súas baladas. Na década seguinte popularizou cancións tradicionais. Tivo relación cos Almanac Singers (Almanacs), grupo folk activo no movemento oposto á entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, mais en xuño de 1941 Ives and the Almanacs volveron gravar algunhas das súas cancións para reflectir a nova posición do grupo a favor da entrada do país na guerra.
A principios de 1942 foi recrutado polo exército. En Camp Upton uniuse ao elenco de This Is the Army, de Irving Berlin. En setembro de 1943 foi licenciado con honores, aparentemente por motivos médicos.
Ives foi identificado no panfleto de 1950 Red Channels e entrou na lista negra de Hollywood polos seus supostos nexos comunistas.[6] En 1952 cooperou co House Un-American Activities Committee (HUAC) e testificou, co que abandonou a lista negra, mais deu lugar a un amargo distanciamento con outros cantantes, incluíndo Pete Seeger. Reuníronse corenta e un anos despois durante un concerto benéfico en Nova York, onde cantaron xuntos "Blue Tail Fly".[7]
Na década de 1950 aumentou o número de aparicións de Ives no cinema. En 1958 gañou o Oscar ao mellor actor por Horizontes de grandeza. Nas décadas seguintes cantou música country con maior frecuencia e actuou en programas de televisión.
Ives era fumador de pipa e cigarros. No verán de 1994 diagnosticáronlle cancro de boca. Tras varias operacións sen éxito decidiu non seguir coa cirurxía. Caeu en coma e morreu o 14 de abril de 1995 na súa casa de Anacortes, Washington.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.