Cámara de Comercio Internacional
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cámara de Comercio Internacional (inglés: International Chamber of Commerce, ICC; francés: Chambre de commerce internationale) é a maior e máis representativa organización empresarial do mundo.[1] Os seus máis de 45 millóns de membros en máis de 100 países teñen intereses que abarcan todos os sectores da empresa privada.
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde decembro de 2021.) |
Cámara de Comercio Internacional | |
---|---|
Tipo | Organización non gobernamental |
Data de fundación | 1919 |
Fundador(es) | Étienne Clémentel |
Presidente/a | Maria Fernanda Garza (en) (-) |
En | 16º distrito de París |
País | Francia |
48°51′51″N 2°17′32″L | |
Na rede | |
https://iccwbo.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O actual presidente da ICC é Ajay Banga[2] e John W.H. Denton AO é o actual secretario xeral.
ICC ten tres actividades principais: fixación de normas, resolución de conflitos e promoción de políticas. Como as súas asociacións e empresas membro están relacionadas cos negocios internacionais ICC é unha autoridade en facer regras que rexen os negocios transfronteirizos. A pesar de que estas regras son voluntarias, son utilizadas en milleiros de transaccións cada día e deviñeron parte do comercio internacional.
Unha rede mundial de comités nacionais en máis de 100 países defende as prioridades das empresas a nivel nacional e rexional. Máis de 3 000 expertos procedentes das empresas membro da ICC achegan o seu coñecemento e experiencia para elaborar a postura da ICC en temas específicos de negocios.
ICC apoia o traballo das Nacións Unidas, a Organización Mundial do Comercio e moitos outros corpos intergubernamentais, tanto internacionais como rexionais, como o G20[3], en defensa dos negocios internacionais. ICC foi a primeira organización con estado consultivo xeral do Consello Económico e Social das Nacións Unidas e de Observadora da ONU.[4]