From Wikipedia, the free encyclopedia
Calipso, en lingua inglesa calypso, é un xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa.[1][2]
Tamén é popular en Xamaica e en moitos lugares de Iberoamérica como Costa Rica, Honduras, México, Panamá, Perú, Ecuador ou Venezuela.
A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados, chamados "steeldrums" ou simplemente tambores metálicos de Trindade, moi usado nos carnavais trinitarios, os cales se crearon pola necesidade de percutir que tiñan os descendentes dos africanos nestas as illas, e dado que non posuían ningún instrumento, empezaron a percutir os barrís, os cales se foron abolando e logo estabelecéndose alturas definidas, o que farían que no futuro o instrumento se puidese temperar cunha escala cromática.
En Venezuela estes barrís reciben o nome de "bum-bac".[3]
O calipso gañou fama internacional grazas a varios artistas caribeños e cancións como Lord Kitchener (Aldwyn Roberts), Mighty Sparrow (Slinger Francisco) ou Calypso Rose (McCartha Linda Sandy-Lewis). Entre as cancións emblemáticas de calipso está Banana Boat Song (Day-O) que trata dos traballadores de banana en Xamaica e posibelmente é a máis recoñecida internacionalmente. Foi popularizada por Harry Belafonte nos anos 50;[4] mesmo non sendo un calipsonian tradicional de Trinidad, a súa interpretación axudou a levar o calipso a un público global; nos anos 80 foi parte da banda sonora do filme de Tim Burton Beetlejuice.[5]
Hot Hot Hot, escrita e orixinalmente interpretada polo músico Arrow (Alphonsus Cassell) de Montserrat, converteuse nunha das pezas de calipso máis coñecidas e reproducidas globalmente, versionada diversas veces nas décadas de 1980 e de 1990, incluíndo o "World Carnival Mix '94" de 1994.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.