Canis Minor ou Can Menor[1] é unha das 88 constelacións modernas. A súa figura é moi sinxela: unha liña que une dúas estrelas. Procyon a súa estrela máis brillante forma xunto con Betelgeuse (Orión) e Sirio do (Can Maior) o triángulo de inverno.

Datos rápidos Nome latino, Abreviatura ...
Canis minor
Thumb
Nome latino Canis minor
Abreviatura CMi
Xenitivo Canis Minoris
Simboloxía O Can pequeno
Ascensión recta 8 h
Declinación +5°
Área 183 graos cadrados

Rango 71°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante Procyon (α CMi)

(magnitude ap. 0.38)

Choiva de meteoros
  • Canis-Minoridas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +85° e 75°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo

Pechar

Estrelas principais

  • α Canis Minoris (Procyon), oitava estrela máis brillante do firmamento, a súa distancia ó sistema solar é de aproximadamente 11 anos luz. Ten unha compañeira que é unha anana branca de magnitude 13.
  • β Canis Minoris (Gomeisa), estrela branco-azulada de magnitude 2,89 cun disco de materia ó redor; é ademais unha variable Gamma Cassiopeiae.
  • γ Canis Minoris, xigante laranxa de magnitude 4,33 e binaria espectroscópica.
  • δ Canis Minoris, denominación compartida por tres estrelas diferentes: δ1 CMi, δ2 CMi e δ3 CMi. δ1 Canis Minoris é unha xigante branco-amarela a 760 anos luz de distancia.
  • η Canis Minoris, tamén unha xigante branco-amarela.
  • U Canis Minoris, estrela variable Mira cunha magnitude que varía entre 7,3 e 11,0 nun período de 338 días.
  • YZ Canis Minoris (Gliese 285), anana vermella que é á súa vez estrela fulgurante e variable BY Draconis; atópase a 19,3 anos luz da Terra.

Mitoloxía

Thumb
O Can Menor.

Ó Can Menor Eratóstenes identificábao co can de Orión, catasterizado á vez que o seu amo, posto que sempre estivera en tódalas súas aventuras. Pero, ó igual que o Can Maior, tamén rexistra a variante de que pode se-la cadela Mera, que cos seus laios causados por atopa-los corpos dos seus amos Icario e Erígone, atraeu á xente para que lles deran sepultura. Outra variante é que se trataría do can de Céfalo que tratou de caza-la Raposa de Teumeso.

A estrela máis brillante desta constelación leva o nome de Procyon que significa "antes que o can" en referencia á súa aparición inmediatamente antes cá estrela can (Sirio).

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.