Orión (constelación)

constelación From Wikipedia, the free encyclopedia

Orión (constelación)
Remove ads

Orión,[1] o cazador, é unha constelación prominente, quizais a máis coñecida do ceo. As súas estrelas brillantes e visibles dende ambos hemisferios en inverno fan que esta constelación sexa recoñecida universalmente.

Datos rápidos Orion, Nome latino ...

Orión atópase preto da constelación do río Eridanus e apoiado polos seus dous cans de caza Canis Major e Canis Minor loitando coa constelación de Taurus.

Remove ads

Estrelas principais

  • α Ori (Betelgeuse), superxigante vermella variable cun brillo que flutúa entre magnitude 0,5 e 1,3. Aínda que Betelgeuse ten a denominación Alpha, Rigel aparece na actualidade coma a máis brillante.
  • β Ori (Rigel), con magnitude 0,12 é a estrela máis brillante da constelación. É un sistema estelar triplo onde a súa compoñente principal é unha superxigante azul moi luminosa.
  • γ Ori (Bellatrix), a terceira estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,64 é unha xigante azul a 240 anos luz. É coñecida tamén coma Estrela Amazona.
  • δ Orionis (Mintaka), complexa estrela múltiple a 915 anos luz. Xunto a Alnitak e Alnilam, forman o coñecido cinto de Orión; tamén son coñecidas coma as tres Marías.
  • ε Orionis (Alnilam), superxigante azul de magnitude 1,7 que ilumina a nebulosa NGC 1990. É a estrela máis brillante do cinto de Orión.
  • ζ Orionis (Alnitak), sistema estelar triplo de magnitude 1,89.
  • η Orionis, binaria eclipsante e variable Beta Cephei.
  • ι Orionis (Hatysa), xigante azul e binaria espectroscópica cunhas compoñentes que se moven nunha órbita moi excéntrica.
  • κ Orionis (Saiph), xunto a Betelgeuse, Rigel e Bellatrix completa o cuadrilátero de Orión.
  • λ Orionis (Meissa), estrela binaria onde as súas compoñentes están separadas 4,4 segundos de arco.
  • μ Orionis, sistema estelar cuádruplo onde as súas compoñentes están demasiado próximas para ser vistas a través do telescopio.
  • π3 Orionis (Tabit), anana amarela a 26,3 anos luz da Terra.
  • π4 Orionis, binaria espectroscópica composta por dúas estrelas azuis.
  • χ1 Orionis, anana amarela próxima que parece ser moito máis nova co Sol.
  • χ2 Orionis, distante superxigante ou hiperxigante 410.000 veces máis luminosa co Sol.
  • ψ1 Orionis (25 Orionis), estrela con envoltura, estrela nova con envoltura de magnitude 4,89.
  • S Orionis, variable Mira cun brillo que varía entre magnitude 7,2 e 14 ó longo dun período de 414 días.
  • U Orionis, variable Mira cun período de 368,3 días. Cando se atopa no seu brillo máximo acada magnitude 4,8.
  • W Orionis, estrela de carbono e variable semirregular.
  • HD 38858, análogo solar a 50,8 anos luz do Sistema Solar.
  • GJ 3379 e Gliese 205, dúas ananas vermellas respectivamente a 17,2 e 18,6 anos luz do Sistema Solar.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

O Complexo de Nubes Moleculares de Orión é unha xigantesca estrutura de hidróxeno, po, plasma e estrelas nacentes que abarca a meirande parte da constelación. O complexo situado a unha distancia de 1.500 anos luz da Terra está formado por nebulosas de emisión, nebulosas de reflexión, nebulosas escuras e rexións HII. Destaca especialmente por ser unha rexión de intensa formación estelar e polas extraordinarias nebulosas que a forman:

  • M42, a Nebulosa de Orión, unha rexión de intensa formación estelar.
  • M43, coñecida coma a Nebulosa de Marian
  • M78
  • O Bucle Barnard
  • NGC 2024, coñecida coma a Nebulosa da Cabeza do Cabalo.
  • A Nebulosa IC 434
  • NGC 2024 A Nebulosa da Chama
  • A Nube Molecular de Orión 1
  • A Nube Molecular de Orión 2
Remove ads

Localizando outras estrelas

Thumb
Usando Orion para atopar estrelas nas constelación veciñas

Orión é moi útil para localizar outras estrelas. Estendendo a liña do cinto para o sueste, Sirius (α CMa) pode ser atopada; para o noroeste, Aldebaran (α Tau). Unha liña para o leste atravesando os ombreiros de Orión indican a dirección de Procyon (α CMi). Unha liña a partir de Rigel pasando a través de Betelgeuse apunta para Castor e Pollux (α Gem e β Gem). Adicionalmente, Rigel é parte do Círculo de Inverno. Sirius e Procyon, as cales poden ser atopadas dende Orión trazado liñas, tamén son puntos tanto dentro do Triángulo de Inverno coma do Círculo.[2]

Mitoloxía

Na mitoloxía grega, Orión, o gran cazador, fillo de Poseidón (Deus do Mar) e Euriale, era coñecido por liberar o mundo das bestas, e dicíase que era tan alto que podía cruzar o mar camiñando polo leito mariño sen perder pé. Porén, o seu poder, orgullo e prepotencia, convertérono nun ser presumido que afirmaba que ninguén podería derrotalo. Tal arrogancia espertou a ira da Deusa Hera, quen ordenou a Escorpión que o mordera no talón para ferilo de morte. Escorpión mordeulle e Orión matouno co seu garrote. Dende entón ámbolos dous son inimigos e ocupan posicións diametralmente opostas na bóveda celeste: cando Orión sae, Escorpión ocultase.

Noutra versión, Orión foi un xigante que naceu dos ouriños dos deuses Zeus, Poseidón e Hermes. Un día os deuses visitaron a un ancián chamado Hirieo que non podía ter fillos pero desexaba ter un. En agradecemento pola súa hospitalidade concedéronlle-lo seu desexo: ouriñaron na pel do boi que tiña comido. Cando remataron dixéronlle que enterrara a pel e que dentro de nove meses tería ó seu fillo. Despois do prazo mencionado naceu un neno que foi chamado Orión en lembranza dos ouriños que o tiñan procreado.[3]

Existen máis versións do mito de Orión. Unha delas contase que Orión violara a Mérope, filla de Enopión, por este feito Enopión deixaría cego a Orión. Helios devolveríalle a vista e a continuación Orión converteuse en compañeiro de caza de Artemisa e Leto. Prometeu aniquilar todo animal que existise sobre a terra, polo que Gea enfadouse e fixo nacer un escorpión enorme que trabou a Orión e lle deu morte. Noutra versión foi Artemisa a que lanzou o escorpión contra Orión.[4]

Existe outra tradición que sostiña que Artemisa estaba namorada de Orión, feito que espertou os celos en Apolo, irmán xemelgo de Artemisa. Un día Apolo, vendo a Orión o lonxe, fixo unha aposta coa súa irmá a que non podía atinarlle cunha frecha ó animal (ou a un punto brillante lonxe no océano, noutra versión) que se movía ó lonxe dentro dun bosque (ou moi lonxe no mar). Artemisa lanzou a súa frecha e deu, coma sempre, no branco. Cando foi ver a súa presa, deuse conta de que matara ó seu amado Orión. Foi tan grande a súa tristura, os seus laios e malia que decidiu colocar a Orión no ceo para consolarse.[5]

Outra lenda conta que Orión acosaba ás Pléiades, fillas do titán Atlas, polo que Zeus colocounas no ceo. Aínda parece que, no ceo, Orión continúa perseguindo ás Pléiades.[6]

Orión está representado por un guerreiro alzando o seu arco, a súa espada ou garrote e cubríndose do inimigo cun vélaro ou escudo. Ó seu carón atópanse ós seus cans de caza: Canis Major e Canis Minor.

Na mitoloxía exipcia a constelación de Orion representaba ó deus Osiris.

Remove ads

Orión noutros contextos

Na literatura fantástica de J. R. R. Tolkien, Orión é coñecido coma Menelgavor ou Menélmacar e representa xa sexa a Eonwë, heraldo dos deuses, ou a Túrin, un heroe tráxico no libro O Silmarillion.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads