político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Carrizosa Torres, nado en Barcelona o 22 de marzo de 1964[1] é un político catalán, deputado no parlamento de Cataluña en representación do partido político Cidadáns.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona, é membro do Colexio de Avogados de Barcelona.[1] En 1994, abriu un bufete de avogados coa que, daquela, era a súa parella.[2][3]
É membro de Ciutadans - Partit da Ciutadania no Parlamento de Cataluña,[1] dende que se uniu ao partido en 2006 desde o seu sector de avogados, onde estableceu amizades con Albert Rivera e José María Espejo-Saavedra.[2] En 2007, ingresou no comité executivo da formación, cargo que ocupou ata 2009 e que recuperou en 2011. Ese mesmo ano foi o número dous da lista por Barcelona nas eleccións municipais sen obter representación[4] e, un ano despois, foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012.
Como deputado, foi viceportavoz de C's no Parlamento de Cataluña, onde foi o representante do partido na comisión do caso Pujol e no informe parlamentario sobre a lei electoral. Desde a XIª lexislatura foi o voceiro do grupo de Cidadáns na cámara. Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi reelixido deputado por Ciutadans, partido que obtivo 36 escanos. Ideoloxicamente, defínese a si mesmo como un reformista de centro dereita, defensor dun liberalismo progresista.[5]
En maio de 2018, o presidente do Parlamento, Roger Torrent, suspendeu un pleno debido a que o deputado Carrizosa retirou un lazo amarelo dun asento.[6] O seu partido, ignorando as primarias de xullo de 2019 nas que foi elixida Lorena Roldán,[7] nomeouno como candidato á presidencia da Generalitat para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.[8][9]
É afeccionado á paleontoloxía e coleccionista de cómics.[2][5] Está separado e é pai de tres fillos.[10][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.