Eleccións municipais de España de 2011
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG),[1] o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.[2]

O PP consegue a alcaldía de 34 capitais de provincia, Santiago de Compostela e Mérida
O PSOE consegue a alcaldía de 9 capitais de provincia, Vigo e L'Hospitalet de Llobregat
CiU consegue a alcaldía de 2 capitais de provincia (Barcelona e Xirona)
EAJ-PNV consegue a alcaldía de Bilbao
Bildu consegue a alcaldía de Donostia
CC-PNC-CCN consegue a alcaldía de Santa Cruz de Tenerife
O BNG consegue a alcaldía de Pontevedra
FAC consegue a alcaldía de Xixón
UPN consegue a alcaldía de Pamplona.
Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.
En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.[3] [4]
Remove ads
Reforma da lei electoral
Transfuguismo político
O 29 de xaneiro de 2011 foi publicada no Boletín Oficial del Estado a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.[5] Esta reforma imposibilita as mocións de censura con tránsfugas, ao requirirse unha maioría maior á absoluta no mesmo número de concelleiros propoñentes da moción de censura que pertencen ao mesmo grupo político municipal que o do alcalde ou ben deixaran de pertencer ao grupo político ao que se adscribiron ao inicio de lexislatura.[6]
Na lexislatura previa ás eleccións déronse 59 casos de alcaldes declarados tránsfugas.[7] Deles, 19 mantivéronse no PP, 10 no PSOE, catro en CiU, dous no Partido Andalucista, dous en ERC, un en IU, un en Nueva Canarias e 19 pasaron a ser non adscritos. Destes 19, nove fórono do PSOE, tres do PP, dous de IU, dous do Partido Andalucista, un do Partido Regionalista de Cantabria, un de Coalición Canaria e outro de Unión del Pueblo Navarro.
Voto inmigrante e emigrante
Nestas eleccións puideron votar os cidadáns dos países da Unión Europea sempre e cando tivesen manifestado a súa vontade de votar ante a oficina do censo electoral e estiveran empadroados. Ademais, tamén puideron votar os cidadáns dos países con acordos de reciprocidade, estes países foron: Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e o Perú. Os requisitos para inscribirse no censo electoral e así votar foron: ser maior de 18 anos e non estar privado do dereito de sufraxio activo, estar empadroado, ter o permiso de residencia e ter residido legalmente 5 ou 3 anos no caso de Noruega.
A oficina do censo electoral enviou 350.135 comunicacións informadoras aos inmigrantes de fóra da Unión Europea, así como 757.495 aos da UE.
Por outro lado, outra das novidades da reforma da lei electoral foi a de impedir o voto daqueles non residentes no municipio, polo tanto, todos os españois residentes no estranxeiro non puideron votar nas eleccións municipais; este cambio afectou principalmente os municipios de Galiza onde o voto exterior podía supoñer preto do 40% nalgúns concellos.[8]
Composición equilibrada entre sexos
A partir do 1 de xaneiro de 2011 a composición equilibrada das listas electorais entre sexos é de obrigatorio cumprimento nos municipios de máis de 3.000 habitantes, ao deixar de ser aplicable a Disposición Transitoria Sétima da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.[9]
Remove ads
Campaña
Lemas electorais
Os slogans dos principais partidos foron estes:
- Partido Popular: Centrados en ti.[10]
- Partido Socialista Obrero Español: Para que gane tu ciudad.[11]
- Izquierda Unida: Sobran motivos.[12]
- UPyD: #votoutil.[13]
- EAJ-PNV: Onena emateko garaia/El momento de dar lo mejor.
Candidatos
Na seguinte táboa figuran os candidatos ás alcaldías dos municipios españois con máis de 250.000 habitantes, ordenados segundo os resultados obtidos na anterior convocatoria de eleccións de 2007:
Acampadas de protesta (Movemento 15-M)
- Artigos principais: Protestas de maio de 2011 en España e ¡Democracia Real YA!.
O domingo 15 de maio levouse a cabo en 58 cidades españolas unha serie de manifestacións convocadas pola plataforma Democracia Real Xa! que levaron á rúa decenas de millares de cidadáns. En Madrid, algúns manifestantes permaneceron acampados na Porta do Sol na fin da mobilización, sendo desaloxados na madrugada do 16 de maio pola policía. A partir deste feito, a acampada da Porta do Sol creceu enormemente en número de asistentes e as acampadas reproducíronse por outras cidades españolas. Desde entón, a praza foi lugar de protestas e multitudinarias asembleas cidadáns espontáneas.
A Xunta Electoral considerou que non existían causas extraordinarias de urxencia para a convocatoria de manifestación por parte do Movemento de indignados 15-M, ademais a solicitude tivo entrada ás 20,50 horas do día 17 de maio. Ademais deste requisito soamente formal, considerou que "a petición de voto responsable á que se fai referencia na solicitude, pode afectar a campaña electoral e a liberdade dos cidadáns no seu dereito a voto".[15]
Remove ads
Resultados electorais
Resultados globais
Resultados nos principais municipios
O cadro recolle os resultados electorais nas cincuenta capitais de provincia e de Xixón, Vigo e L'Hospitalet de Llobregat, cidades que, sen ser capitais, contan cunha poboación superior aos 250.000 habitantes, así como Mérida e Santiago de Compostela por ser as capitais das súas respectivas Comunidades Autónomas.
Resultados provisionais pendentes do escrutinio definitivo da Xunta Electoral.
Remove ads
Voto en branco en Aduna
En Aduna (Guipúscoa) a campaña a favor do voto en branco por parte da esquerda abertzale ante a imposibilidade de presentar unha candidatura sen vinculación con Batasuna, impediu a chegada á alcaldía do PP -único partido que se presentaba- ao non chegar este ao mínimo 5% dos votos válidos. A Deputación de Guipúscoa decidiu a continuidade á fronte do Concello da corporación anterior formada por membros da ilegalizada ANV.[18]
Idéntica situación sucedeu en Irura (Guipúscoa) nas eleccións municipais de 2007 cando debido ao voto en branco ningunha das candidaturas presentadas: PSE-EE e PP, alcanzou o 5% dos votos válidos. A alcaldesa de EH elixida en 1999 prorrogou o seu mandato.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads