militar español From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Francisco de Croix, nado en Lille en 1699 e finado en Valencia en 1786[1], marqués de Croix, foi un militar e político ao servizo do Reino de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1703 Lille, Francia |
Morte | 28 de outubro de 1778 (75 anos) Valencia, España |
Capitán Xeneral de Valencia | |
18 de xullo de 1777 – 28 de outubro de 1778 ← Jean-Martin van Marcke de Lummen (en) – Louis Des Balbes de Berton de Crillon, duc de Mahon (pt) → | |
Vicerrei de Nova España | |
24 de agosto de 1766 – 22 de setembro de 1771 ← Joaquín de Montserrat – Antonio María de Bucareli y Ursúa (en) → | |
Capitán Xeral de Galicia | |
xuño de 1756 – setembro de 1766 ← Leopoldo Adriano José de Rifflart y Vooght (en) – Maximiliano de la Croix (en) → | |
Captain general of Andalusia (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Serviu aos reis Filipe V, Fernando VI e Carlos III.[2] Chegou a ostentar os cargos de Capitán Xeneral de Andalucía,[2] Capitán Xeneral de Galicia (xuño de 1756 - setembro de 1766),[3] vicerrei de Nova España (25 de agosto de 1766 - 22 de setembro de 1771)[2][4] e, finalmente, Capitán Xeneral de Valencia entre 1777 e 1786.[5]
En Galicia dedicou boa parte dos seus esforzos a obras públicas e a mellora das infraestruturas, en particular da rede viaria.[6] En Nova España tocoulle superar segundo algúns historiadores unha das etapas «máis convulsas» do vicerreinado ao longo do século XVIII,[7] nunha época de clara decadencia económica,[8] aínda que a súa actuación como administrador foi ben considerada.[9] Durante o seu mandato en México ocupouse da expulsión dos xesuítas[10] –de forma expeditiva e sen moitas contemplacións, segundo algúns autores–,[11] combater tribos indias sublevadas en Sonora e Sinaloa,[12] así como de impulsar as obras do desaugadoiro de Huehuetoca.[13] Volvería a España pobre e con débedas.[14] A súa herdeira foi Fernanda de Croix e Vergel[15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.