política From Wikipedia, the free encyclopedia
Carme Chacón Piqueras, nada en Esplugues de Llobregat o 13 de marzo de 1971[1] e finada en Madrid o 9 de abril de 2017[2], foi unha política española, militante do PSC e membro da executiva do PSOE. Foi ministra de Defensa de España na IX lexislatura.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona. Realizou estudos de posgrao no Osgoode Hall Law School de Toronto, na Universidade de Kingston, na Universidade Laval do Quebec e na Universidade de Montreal. Foi ademais Profesora de Dereito Constitucional na Universidade de Xirona, e Secretaria de Educación, Cultura e Investigación da Comisión Executiva Federal do PSOE.
Foi deputada desde a VII Lexislatura aberta en 2000 e ocupou a vicepresidencia do Congreso dos Deputados (cámara baixa do Parlamento español) ó iniciarse a oitava en 2004 ata que o 9 de xullo de 2007 foi nomeada Ministra de Vivenda, en substitución de María Antonia Trujillo. Na segunda lexislatura do goberno de Zapatero abandonou a carteira de Vivenda e pasou a ocupar a carteira de Defensa, sendo a primeira muller en facelo na historia de España.
O 9 de abril de 2017 foi hachada morta no seu domicilio da rúa Viriato de Madrid aos 46 anos por mor dunha cardiopatía conxénita.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.