Caso Asunta Basterra
desaparición e asasinato de Asunta Basterra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013,[1] era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013,[2] pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto.[3] A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.[4][5][2][6][7][8] O caso atraeu un grande interese dos medios en España e no mundo, así como unha "declaración de preocupación" por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.
No xuízo, os pais adoptivos de Asunta foron declarados culpables da súa morte o 30 de outubro de 2015. Segundo os documentos do tribunal, a parella drogou a súa filla con Lorazepam durante tres meses e finalmente asfixiouna antes de desfacerse do corpo.[3][9] Os pais, que mantiveron a súa inocencia, foron sentenciados a 18 anos de prisión.[3]
O 18 de novembro de 2020, Rosario Porto foi atopada aforcada na súa cela do cárcere de Brieva (Ávila), onde cumpría condena por asasinato.