astrónoma italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Caterina Scarpellini Fabri, nada en Foligno o 29 de outubro de 1808[1] e finada no mesmo lugar o 28 de novembro de 1873, foi unha meteoróloga, astrónoma e matemática italiana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1808 Foligno (Estados Pontificios) |
Morte | 28 de novembro de 1873 (65 anos) Roma (Reino de Italia) |
Lugar de sepultura | Campo di Verano (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1873) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía e meteoroloxía |
Ocupación | astrónoma , científica |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana |
Familia | |
Cónxuxe | Erasmo Fabri Scarpellini |
Parentes | Félicien Scarpellini (pt) (tío paterno) |
Fundou co seu marido a revista La Corrispondenza scientifica in Roma. Bullettino universale na que publicou algúns dos seus traballos. Estudou o ozono, mediu as concentracións de ozono no aire e determinou unha relación inversamente proporcional entre a concentración deste gas no aire e a propagación da epidemia de cólera en Roma en 1867. Estudou as eclipses solares, os terremotos, as choivas de meteoros. Documentou a observación dun gran cometa (C/1854 F1). Mediu condicións hidrométricas e hidrotermais do Tíber da súa época. Entre outros.
Organizou a estación meteorolóxica ozonométrica en Roma e descubriu un cometa no ano 1854.
En 1872, Italia concedeulle unha medalla de ouro polo traballo que realizou en estatística.
Un cráter venusiano leva o seu apelido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.