From Wikipedia, the free encyclopedia
O centenional (en latín: centenionalis) foi unha moeda da Antiga Roma cuñada en bronce na derradeira época do baixo Imperio.[1]
A aparición do centenional supón unha tentativa de Constante e de Constancio II de reintroducir unha moeda de bronce de gran módulo, entre os anos 320 d. C. e 340 d. C., momento en que os follis perderan case todo o seu valor.
Aínda que a tipoloxía específica resulte confusa, desde a perspectiva numismática actual considérase como centenional a moeda desa época cun peso de entre 3,55 e 2,60 gramos. Aínda que a asignación dun valor para estas moedas non está clara, é habitual atribuírlle o da centésima parte da siliqua de prata, polo menos no momento do seu nacemento, aínda que este foi diminuíndo co tempo.[2]
A existencia do centenional non foi moi longa. Chegou a dexenerar ata tal punto o seu valor que deixou de emitirse coa reforma monetaria de 395 d. C. de Teodosio, a partir da cal xa só se emitiron as máis pequenas das fraccións de moedas de cobre, que en xeral se coñecen hoxe como AE3 e AE4, en función da amplitude dos seus diámetros, xa que se descoñecen as súas denominacións naquel momento.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.