Moeda constantiniana

Moedas da dinastía Constantiniana From Wikipedia, the free encyclopedia

Moeda constantiniana
Remove ads

A moeda constantiniana é a que constitúe o conxunto das emisións monetarias producidas polas cecas imperiais romanas desde o momento en que o emperador Constantino I (324-337) acadou o título de único Augusto, en 324, ata a morte de Xuliano (361-363), que supón a fin da dinastía constantiniana.

Thumb
Múltiplo de áureo da ceca de Ticinum, datado en 313. A/ Busto de Constantino I a carón do Sol Invictus (Cabinet des médailles). 39,79 g.

Durante este período, logo do falecemento do primeiro gobernante cristián, liberáronse guerras fratricidas como a producida en 340 entre Constantino II (337-340) e Constante I (337-350),[1] ou a que tivo lugar entre 351 e 352 entre Constancio II (337-361) e o usurpador Magnencio (350-353).[2]

Remove ads

Cecas constantinianas

Artigo principal: Cecas da Antiga Roma.

Ademais das cecas tetrárquicas instituídas por Diocleciano (284-305), engadíronse outras catro á produción de moeda constantiniana:

No entanto, produciuse o pechamento doutras catro:

Remove ads

Periodización e temáticas

Thumb
Constantino I o Grande, primeiro emperador cristián e proxenitor da dinastía Constantiniana.
Máis información Títulos imperiais de Constantino I, Número de veces ...

Da unificación do Imperio á morte de Constantino I (325-337)

A fase abranguida entre a reunificación imperial (325) e o pasamento de Constantino o Grande (337) serviulle ao emperador cristián para reorganizar tanto a Administración civil como a relixiosa, ademais de consolidar todo o sistema defensivo ao longo dos cursos do Rin e do Danubio, e de obter importantes éxitos militares, que lle propiciaron o control de boa parte deses territorios que xa pertenceran a Roma anteriormente e que foran abandonados por Galieno (253-268) e Aureliano (270-275): desde Alamannia (os Campos Decumanos) ata Sarmatia (chaira ao sur do Tisza e rexión do Banato) e ata a Gothia (Oltenia e Valaquia). E tamén a partir deses anos, Constantino seguiu a utilizar como as súas residencias imperiais favoritas Serdica, Sirmium e Tesalónica, á parte de Nicomedia.

O 18 de setembro de 335, Constantino elevou o seu sobriño neto Dalmacio ao rango de Caesar e asignoulle a Tracia, Acaia e Macedonia (con probable capital en Naisso, na actual Serbia)[23], coa tarefa principal de defender esas provincias dos godos, que as ameazaban coas súas incursións.[24] Deste xeito, Constantino dividiu o Imperio en catro partes, tres para os seus fillos e unha para o seu sobriño. O nomeamento de Dalmacio, porén, debeu atopar a oposición do exército,[25] que revelou a súa preferencia polo acceso da liña dinástica directa ao trono.

A seguir, algúns exemplos das súas cuñaxes:

Máis información Imaxe, Valor ...

Os fillos e os netos de Constantino I (337-363)

Thumb
As fronteiras setentrionais e orientais á morte de Constantino I, cos territorios engadidos nos trinta anos de campañas militares (306-337), ademais da división do Imperio entre os seus fillos e netos: Constantino II (337-340), Constante I (337-350), Constancio II (337-361), Dalmacio César (335-337) e Anibaliano (335-337).

A situación logo do falecemento de Constantino o 22 de maio de 337, mentres estaba a preparar unha campaña militar contra os sasánidas, presentaba un poder repartido entre os seus fillos e o seu neto, todos co título de César. Deles, Constancio II (337-361), implicado na supervisión das fortificacións fronteirizas no norte de Mesopotamia,[26] regresou axiña a Constantinopla, onde organizou os actos funerarios do seu pai; con este xesto reforzou os seus dereitos como sucesor e obtivo o apoio do exército, compoñente fundamental da política de Constantino.

Durante o verán de 337 o exército masacrou os membros masculinos da dinastía constantiniana e outros membros destacados do Estado, e apenas sobreviviron os tres fillos de Constantino e dous dos seus sobriños pequenos (Galo e Xuliano, fillos do seu medio irmán Xulio Constancio) .[27] As motivacións deste masacre non son claras: segundo Eutropio, Constancio non estaba entre os seus promotores, aínda que o certo é que non amosou oposición nin condenou os asasinatos.[28] No entanto, para Zósimo o organizador foi Constancio.[29] En setembro do mesmo ano, os tres césares restantes (Dalmacio fora vítima da purga purga) reuníronse en Sirmium, en Pannonia, onde o 9 de setembro foron aclamados emperadores polo exército e repartiron entre eles o Imperio: Constancio viu recoñecida a súa soberanía sobre o Oriente.

A división do poder entre os irmáns non durou moito: Constantino II morreu en 340, mentres intentaba derrocar a Constante I; en 350, Constante foi derrocado polo usurpador Magnencio, e pouco despois Constancio II converteuse no único emperador, e reuniu unha vez máis o Imperio en 353). A partir de aí veu un período de 25 anos de guerras nos límites orientais contra os sasánidas, primeiro baixo Constancio II e despois baixo Xuliano (entre 337 e 363).[30]

En 361, Xuliano foi proclamado Augusto, César na Galia. O seu goberno durou só dous anos, aínda que tivo unha grande importancia, tanto polos seus intentos de establecer un sistema relixioso politeísta (por iso se lle chamou o Apóstata) como pola campaña militar emprendida polos sasánidas.

A seguir, algúns exemplos das cuñaxes da dinastía Constantiniana posteriores a Constantino I:

Máis información Imaxe, Valor ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads